Ao longo dos últimos días fixemos diferentes actividades en torno ás festividades de Samaín e Halloween. Queremos compartir convosco unha pequena reportaxe que resume os nosos traballos destes días, aprendemos moito e PASÁMOLO DE MEDO!!!! 🎃🎃
Moitas gracias ás familias pola colaboración na actividade proposta polo Equipo de Plurilingüísmo, fixestes uns traballos espectaculares!
Desexámosvos que pasedes uns días terroríficamente divertidos!! Ata o luns!
Xa van uns días que andamos ás voltas coas cabazas, o Samaín e o Halloween están ao caer e as cabazas teñen un gran protagonismo nestes festexos, ademais de ser un froito moi característico da estación do Outono, co que se poden facer tortas, marmelada, sopa,... Hoxe pola mañá experimentamos a través do sentidos algunhas das súas características, e para rematar probamos as pipas de cabaza, que foron todo un éxito, gustáronnos moitísimo!!
Continuamos coñecendo o noso corpo e tamén as medidas necesarias para o seu coidado. Hoxe traballamos cos alimentos que precisa o noso corpo mediante a pirámide dos alimentos. Os nen@s construíron a súa pirámide empregando os xoguetes da aula.
Na asemblea de primeira hora, todos os días, dedicamos un tempo ás matemáticas a través de diferentes xogos manipulativos.
Hoxe empregamos os animais salvaxes e un bo montón de landras para facelos: moitos-poucos, tantos como, contar e contar, asociar cantidade con número, pauciños, dedos, dado, ....
Que ben o fixeron!
Para rematar, cadaquén decorou a súa landra con anaquiños de papel de seda.
Os nen@s de vermello están coñecendo como é o noso corpo por dentro e hoxe tocou xogar co esqueleto. Aprendemos a canción do esqueleto e montamos un esqueleto nunha folla