Esta mañá a profe de prácticas fíxolle unha sesión lúdico-didáctica xogando cos aros e cos bloques lóxicos.
venres, 11 de outubro de 2019
xoves, 10 de outubro de 2019
CORES DE OUTONO
Xa temos a aula ambientada! Marrón, amarelo, laranxa, verde,... aquí vos deixamos unha mostra das primeiras actividades que fixemos xogando coas cores do Outono.
martes, 8 de outubro de 2019
FROITAS DO OUTONO
Comezamos a semana traballando coas froitas do outono; aprendendo os seus nomes, as súas texturas, sabores...
Aproveitamos esta actividade para traballar os cinco sentidos. Coa profe Sara fixemos unha actividade para recoñecer diferentes obxectos. Tamén probamos diferentes sabores e ulimos diferentes aromas.
luns, 7 de outubro de 2019
AS MASCOTAS DAS AULAS
Comezou o curso e, pouco a pouco, as mascotas das tres aulas foron chegando ao cole.
Desde a selva chegou á aula de 3 anos a mona PELIÑOS e o seu moniño PELONCHO.
Na aula de 4 anos apareceu a foca PATOCA viaxando desde o país das neves e o xeo.
E desde o deserto, o raposo POQUÉ, cargado co seu saquete de letras apareceu na aula de 5 anos.
Por fin todos os nen@s teñen a súa imaxe na casa.
venres, 4 de outubro de 2019
ESTREAMOS HORA DE LER
Nesta semana os nen@s de 3 anos sumámonos ao resto de compis de infantil na actividade da Hora de Ler, e fixémolo co conto de Garavanciño.
xoves, 3 de outubro de 2019
AS CORES DO OUTONO
Coa chegada do outono a paisaxe vai mudando as súas cores.
Na aula de 4 anos representáronas con esta fermosa árbore.
XOGAMOS CO CÍRCULO
Esta semana os máis peques do cole empezamos a xogar cos círculos; entre tanto barullo de figuras xeométricas déusenos xenial atopar tódolos círculos!!
luns, 30 de setembro de 2019
AS NOSAS NORMAS
A nosa mascota da clase, a mona Peliños, axúdanos a establecer unhas normas sinxelas para que tod@s estemos contentos no cole. Coa maxia da variña da fada Popeta xa puxemos en práctica unha das máis importantes: respectar as quendas de palabra. Coa maxia de Popeta aprendemos a ter un pouquiño máis de paciencia para escoitarnos uns aos outros.
venres, 27 de setembro de 2019
ANIVERSARIOS AGOSTO E SETEMBRO
Este venres festexamos no cole os aniversarios dos nenos e nenas que cumpriron anos en agosto e setembro. PARABÉNS A TOD@S!!
ANIVERSARIO DE NAIA, 3 ANOS
ANIVERSARIOS DE PABLO E HUGO, 4 ANOS
ANIVERSARIOS DE AIDEN E INÉS, 5 ANOS
xoves, 26 de setembro de 2019
ANIMACIÓN Á LECTURA
Hoxe na aula de 4 anos, aproveitando a "hora de ler", Izan contoulles aos seus compañeiros un dos seus contos preferidos: "Las jirafas no pueden bailar".
Canto lles gustou a todos esta nova actividade!!

ASOCIACIÓNS
Esta mañá a profe de prácticas levou a cabo unha sesión de asociación número-cantidade
empregando diversos materiais.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













