O día da festa os nen@s da aula de 3 anos chegaron caracterizados de pantasma, cabazas, morcegos, esqueletos, bruxas, arañas, demos,..., coa intención de pasar un gran día.
Ao longo de toda a semana fixemos diferentes actividades para celebrar a festividade do Samaín: contos, cancións, decoración de portas e corredores, e ata tivemos unha terrorífica visita.
O 24 de outubro celébrase o día da biblioteca escolar, e tendo en conta que o noso centro dispón deste espazo. levamos aos nen@s de visita á biblioteca e aproveitamos para facer a lectura dun conto en galego "CROCODILO ENAMORADO"
As cabazas son un elemento motivador da festividade do SAMAÍN. No cole xa comezamos cos preparativos..., e hoxe a profe Conchi trouxo cabazas e cabaciñas de diferentes tamaños, formas e cores.