mércores, 30 de marzo de 2011

SERIES

Facemos series cos troquelados. Cada nen@ terá que inventar a súa propia serie.


VERME DE CADRADOS

Para dar continuidade á nosa colección de vermes, esta vez fixémolo de cadrados amarelos.



luns, 28 de marzo de 2011

DECORANDO A NOSA PRIMAVERA

Nas tres aulas de infantil da Uceira, quixemos crear un ambiente primaveral, polo que todos os nen@s estiveron facendo adornos florais para decorar as árbores do gato Papelote, da rá Pascuala e da abella Pepa.

A COR ROSA

Hoxe, na aula de 4 anos, estivemos a investigar que ocurría se mesturamos a cor branca e a cor vermella.
¡Tachánnnnnn....... APARECEU A COR ROSA!

mércores, 23 de marzo de 2011

VISITA AO CINE

Que contentos estaban hoxe os nen@s da Uceira!
Por fin chegou o día de ir ao cine. Nos vos podedes maxinar o que lles gustou a película. Saíron todos encantados e con desexos de volver outra vez.

martes, 22 de marzo de 2011

22 DE MARZO, DÍA DA MUNDIAL DA AUGA


Neste día adicado á auga , queremos concienciar á poboación sobre o consumo responsable da mesma, xa que é un ben moi necesario e a súa vez moi escaso.

luns, 21 de marzo de 2011

CHEGOU A PRIMAVERA

ESTA MAÑÁ TODO SEMELLA TER MÁIS COR, O SOL BRILA DUNHA FORMA ESPECIAL.
CLARO, CHEGOU A PRIMAVERA!

venres, 18 de marzo de 2011

xoves, 17 de marzo de 2011

XOGANDO COAS LETRAS

Os nenos e nenas de 5 anos fan asociacións de maiúsculas e minúsculas recortando as letras


PERFECCIONAMOS O RECORTADO

Hoxe os nenos e nenas de 3 anos perfeccionaron o recortado a traves dun conto:
 "Os tres porquiños"