venres, 11 de febreiro de 2011

Os alimentos

Aproveitando que estamos coa unidade dos alimentos, traballamos a importancia do frigorífico para a conservación de certos alimentos coma os iogures, carne, peixe...


xoves, 10 de febreiro de 2011

O ananiño

Os nenos de 5 anos fixeron un cadro co ananiño que non sabía comer. Cada nen@ levarao para a casa para que se acorden dos bos hábitos alimenticios.

martes, 8 de febreiro de 2011

A FOLERPA DE NEVE

Os nen@s de 3 anos decoraron "a folerpa" para recordar que aínda que está moi bo tempo seguimos no inverno.












luns, 7 de febreiro de 2011

O PARRULO FEO

Escoitade este conto tradicional que nos sensibiliza no respeto polas diferencias individuais.

venres, 4 de febreiro de 2011

FROITAS TROPICAIS

Os nen@s de infantil da Uceira descubren unha nova froita chegada das Américas.  Houbo para todos os gustos , a uns nen@s encantoulle O AGUACATE e a outros non lles gustou nada.

martes, 1 de febreiro de 2011

Conto de Audición e Linguaxe.

                EL NIÑO QUE NO SABÍA COMER.
Este cuento narra la historia de un niño que no sabía comer y gracias a la ayuda de un duende mágico consiguió aprender a comer.

A PAZ NO COLEXIO

Os nenos e nenas da Uceira conmemoramos o Día da Paz facendo distintas "pombas" que quedaron moi divertidas.











  
   











   

luns, 31 de xaneiro de 2011

Feliz aniversario

Neste mes de xaneiro cumpriron:

En 3 anos BORJA

En 4 anos RUBÉN


En 5 anos DAVID F.  e   ERIKA

domingo, 30 de xaneiro de 2011

DIA DA PAZ

Hoxe celébrase en todo o mundo o día da paz.Con este vídeo queremos lembrarnos de todos os nenos que sofren a dor das guerras, dos malos tratos, da explotación infantil.


Dende o noso colexio queremos aportar un gran de area, fomentando o respecto e a tolerencia entre os nosos nen@s.

                                                        


                        A  PAZ

                 SOLO  3 LETRAS
                 PARA HACER LA PAZ
                 SÓLO 3 LETRAS
                 QUE PARA SIEMPRE APRENDERAS
                 SÓLO 3 LETRAS
                 PARA ESCRIBIR PAZ
                 PARA CANTAR  PAZ
                 PARA HACER PAZ
                                  
                                 

venres, 28 de xaneiro de 2011

CON 1 RECTÁNGULO E 3 CÍRCULOS...

Con un rectángulo e 3 círculos que pintamos de laranxa fixemos...

Adán, un CABALO

Adrián, unha QUENLLA

Minerva, unha COROA

Lorena, un CAMIÓN




mércores, 26 de xaneiro de 2011

Instrumentos de medida

Os nenos de 5 anos descubren diversos instrumentos de medida.

O termómetro mide a temperatura.


O reloxo  mide o tempo .


A regra mide a lonxitude.
  

A  báscula mide o peso.


Pero como nós somos pequerrechos empregamos o noso corpo para medir: os pés, as mans, pasos...




                                 

martes, 25 de xaneiro de 2011