luns, 5 de outubro de 2020

ELMER

 Elmer é un elefante moi especial,  con el aprendemos que todos somos  iguais e á par  diferentes,  e temos dereito a ser aquelo que desexemos ser. Coa súa historia reflexionamos e aprendemos,  coas súas cores  divertímonos.

Premede no enlace para coñecer a súa historia.👉https://www.youtube.com/watch?v=T3u0AoA-E-s















venres, 2 de outubro de 2020

LISTAXES DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/21

Familias, aquí vos deixamos as listaxes de material escolar para o alumnado de E.I.  3, 4 e 5 anos do edificio Uceira. 📋📌

LISTA MATERIAL 3 ANOS


LISTA MATERIAL 4 ANOS


LISTA MATERIAL 5 ANOS



xoves, 1 de outubro de 2020

BENVIDO OUTONO!!

 Xa está aquí de novo o Outono e na aula de 4 anos démoslle a benvida con diferentes actividades plásticas!!












martes, 29 de setembro de 2020

APRENDEMOS A COIDARNOS

 Ao longo destas primeiras semanas de cole estivemos a recordar, coa axuda de contos e vídeos, de que xeito debemos actuar para protexernos nós mesmos e aos demais; Colocar ben a máscara, lavar moito as mans, manter a distancia entre nós,...as  nenas e nenos de 4 anos  son moi maiores e saben como facelo!!















luns, 28 de setembro de 2020

FOLLAS SECAS DE OUTONO

 O vento do outono trouxo follas secas ao noso patio e os nen@s desfrutaron xogando con elas.



PUPAS, SUSTOS E OUTROS DESGUSTOS

 Hoxe visitáronnos dúas enfermeiras para informar aos nen@s sobre as medidas que hai que ter en conta para loitar contra o coranovirus. Foi unha sesión moi práctica e divertida.






venres, 25 de setembro de 2020

ANIVERSARIOS DE AGOSTO E SETEMBRO

 Hoxe festexamos os aniversarios das nenas e nenos que cumpriron anos nos meses de Agosto e Setembro. PARABÉNS A TOD@S!!!🎈🎈🎊🎊🎊🎈🎈


4º E.I. 


5º E.I.


6º E.I.



xoves, 10 de setembro de 2020

Hoxe demos comezo ó novo curso con grandes medidas de seguridade. Moito lavado de mans, distanciamento e xogo nos recreos separados por cuadrados. Foi todo un éxito xa que os nen@s acataron o protocolo con total normalidade.