Hoxe demos comezo ó novo curso con grandes medidas de seguridade. Moito lavado de mans, distanciamento e xogo nos recreos separados por cuadrados. Foi todo un éxito xa que os nen@s acataron o protocolo con total normalidade.
xoves, 10 de setembro de 2020
xoves, 3 de setembro de 2020
mércores, 1 de xullo de 2020
xoves, 12 de marzo de 2020
AURORA BOREAL
Na clase de 4 anos están a aprender moitas cousas sobre o Polo Norte, de donde é a súa mascota, "PATOCA".
Hoxe tocoulle ás fermosas e espectaculares auroras boreais que se poden ver pola noite no seu ceo.
Visionamos algún vídeo para poder comprender mellor este fenómeno natural, e logo fixemos o traballo da ficha na que tiñan que mesturar algunhas cores.
martes, 10 de marzo de 2020
XOGANDO E APRENDENDO
Na clase de 3 anos seguimos ás voltas cos nosos nomes; con diferentes xogos e actividades progresamos nas nosas aprendizaxes!
luns, 9 de marzo de 2020
8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Hoxe no cole conmemoramos con diferentes actividades o Día Internacional da Muller; a través de contos, conversas e xogos puxemos de manifesto o obxectivo desta celebración e a importancia que ten que @s nos@s cativ@s medren e aprendan en igualdade. 💜👩💜
venres, 6 de marzo de 2020
POR QUE ME CHAMO ASÍ?
Pedimos axuda na casa para saber a orixe dos nosos nomes e contarllo @s nos@s compañeir@s no cole. Gracias familias pola vosa colaboración!!
xoves, 5 de marzo de 2020
VENECIA
Xa hai uns días que os mandilóns laranxas, coa profe Gloria, remataron un pequeno proxecto sobre Venecia.
Aprenderon moitas cousas e só nos faltaba facer a obra de arte.
Velaí o bonitas que quedaron...
mércores, 4 de marzo de 2020
CANTAS LETRAS TEN O MEU NOME?
@s máis peques observamos e comparamos os nosos nomes, contamos cantas letras temos, buscamos o número que representa esa cantidade e facemos a equivalencia con gomets.
martes, 3 de marzo de 2020
O LOBO E A LÚA
O luns saímos ao teatro a ver a obra "O lobo e a lúa", unha historia divertida e peculiar que nos fixo rir moito.
Velaquí a reportaxe da nosa aventura.
luns, 2 de marzo de 2020
ORDENAMOS AS LETRAS PARA FACER O NOME
Xa levamos unhas semanas xogando e aprendendo cousas sobre os nosos nomes: número de letras, por cal empeza cada un, como hai que ordenalas para compoñelos,...Despois de practicar coas tarxetas plasmamos os nosos avances nunha ficha.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















