Este curso participamos no "Programa Escolar de Consumo de Froitas, Hortalizas e Leite" da Unión Europea, así que ao longo desta semana os nen@s comeron moita froita.
Neste trimestre iniciamos o traballo cos nosos nomes, un xeito divertido e motivante de ir coñecendo o alfabeto.
O primeiro paso é identificar cada un/unha o noso propio nome, despois iremos coñecendo o do resto de compañeir@s. Faremos múltiples actividades e seguiremos compartindo convosco algunhas delas. Divertímonos e aprendemos!
Xa estamos de volta!! Esta mañá ao chegar ao cole levamos unha gran sorpresa!! As Súas Maxestades de Oriente deixáronnos uns paquetes no cole! Foi unha mañá chea de emocións: abrimos os agasallos, xogamos con eles e conversamos dos días de Nadal na casa e dos xoguetes e as moitas outras cousas que Papá Noel e os Reis nos foron deixando polos nosos fogares.
Benvid@s ao segundo trimestre de cole! Arrancamos!