luns, 27 de xaneiro de 2020

SERIES LÓXICAS

Seguimos xogando e aprendendo; facemos seriacións construíndo torres e axudámoslle a Popeta a completar as series da ficha.

venres, 24 de xaneiro de 2020

O CADRADO

@s máis peques do cole seguimos avanzando nas nosas aprendizaxes!! Empezamos a traballar co cadrado.


UNHA CASIÑA MOI PARTICULAR!

 Na aula de 4 an@s estrearon unha nova casiña para descompoñer os números.
Tocoulle ao 7, xa que o nome do encargado de hoxe tiña esa cantidade de letras.
Para facelo, empregamos os animaliños pequenos repartíndoos nas dúas habitacións, e logo anotando na pizarra o resultado.



xoves, 23 de xaneiro de 2020

BONECOS DE NEVE

 Os mandilóns laranxas tamén quixeron darlle a benvida ao Inverno.
Cunha cartolina negra e unha cera branca este foi o resultado...


martes, 21 de xaneiro de 2020

O NÚMERO 2

Na clase de 3 anos seguimos avanzando no coñecemento e aprendizaxe dos números. Empezamos a traballar co número 2.


sábado, 18 de xaneiro de 2020

BENVIDO INVERNO

Cambiamos de estación e  @s máis peques dámoslle a benvida ao inverno cunha actividade plástica.

venres, 17 de xaneiro de 2020

MESTURANDO CORES

Onte na aula dos mandilóns laranxas andiveron a facer un experimento. Precisaban témpera de cor gris para o traballo da ficha e non había.
Velaí o resultado...

Tamén confeccionaron estas bonitas caixas de regalo coa técnica "damero".


domingo, 12 de xaneiro de 2020

BENVIDA AO INVERNO

Comezamos nova estación coa realización dunha serie de actividades: conto, canción, manualidades...

venres, 10 de xaneiro de 2020

BENVIDO 2020!

 Na aula de 4 anos comezaron o segundo trimestre dándolle a benvida ao novo ano coloreando.
Para facelo estrearon as pinturas de pau.
Menudo descubrimento!



mércores, 8 de xaneiro de 2020

VOLTA AO COLE CON SORPRESA

Xa estamos de volta!! Esta mañá ao chegar ao cole levamos unha gran sorpresa!! As Súas Maxestades de Oriente deixáronnos uns paquetes no cole! Foi unha mañá chea de emocións: abrimos os agasallos, xogamos con eles e conversamos dos días de Nadal na casa e dos xoguetes e  as moitas outras cousas que Papá Noel e os Reis nos foron deixando polos nosos fogares. 
Benvid@s ao segundo trimestre de cole! Arrancamos!



sábado, 21 de decembro de 2019

NADAL 2019

O mércores pasado tivemos o festival de Nadal no cole, foi un día emocionante e divertido. Para @s nen@s de 3 era o noso primeiro festival  e vivímolo con moita emoción. Para @s nen@s de 4 e 5 aínda que xa estamos experimentados tamén andabamos nerviosos i emocionados. Todos saíu xenial, cantamos, bailamos e divertímonos. Gracias a tod@s @s axudantes, colaborador@s, técnic@s de son e luz,  nais, pais, avós, avoas,...pola asistencia e participación! Aquí vos deixamos os vídeos das actuacións e as fotos da festa de despedida do venres.
Vémonos de volta no cole o día 8 de xaneiro!
 Felices Festas!!🎄












xoves, 19 de decembro de 2019

POSTAIS DE NADAL

As tres aulas paticipamos na proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega elaborando postais de Nadal.
Entre todas as do cole escollen unha de cada nivel para felicitar ás familias.

En 4 anos, a postal gañadora foi unha do noso edificio, a de Gabriela.

E como todos os anos a ANPA A Uceira fíxolle entrega dun pequeno agasallo.
PARABÉNS!