Esta semana, os mandilóns laranxas estiveron a facer moitos traballiños de Nadal, e estes dous adornos xa están lucindo nas súas casas.
xoves, 12 de decembro de 2019
mércores, 11 de decembro de 2019
SESIÓN DE CONTACONTOS
Esta mañá visitounos Jorge Cervantes , escritor e ilustrador de contos para nen@s. Contoulles aos rapaces dous contos superchulis e logo debuxou ao protagonista do conto. Foi divertidísimo.
martes, 10 de decembro de 2019
XOGAMOS COS NÚMEROS
Na clase de 3 seguimos xogando e aprendendo moito cos números e as cantidades que representan. Pasámolo xenial!
xoves, 5 de decembro de 2019
6 DE DECEMBRO, DÍA DA CONSTITUCIÓN
Hoxe conmemoramos o día da constitución realizando diferentes actividades para que @s nen@s tomen conciencia dos dereitos e obrigacións que teñen, ben sexa consigo mesmos ou cara os demais.
mércores, 4 de decembro de 2019
E TI, QUE VES AQUÍ?
Deixamos voar a nosa imaxinación, experimentamos xogando co trazo e poñemos título aos nosos debuxos.
martes, 3 de decembro de 2019
O RECUNCHO DA BIBLIOTECA
Todas as semanas, os neno@s da aula de 4 anos, aproveitan algunha sesión da "hora de ler" para ir ao recuncho da biblioteca e desfrutar dos contos dun xeito máis libre.
Cadaquén escolle o seu, algúns compárteno, inventan e imaxinan o que lles acontece aos protagonistas, ..., en definitiva, botan a "voar" a súa imaxinación e creatividade.
Canto lles gusta!
NÚMERO 1: CANTIDADE E GRAFÍA
Na clase de 3 anos seguimos a aprender e a traballar co número 1, facemos diferentes actividades e xogos para integrar o concepto de cantidade e aprender a súa grafía.
venres, 29 de novembro de 2019
ANIVERSARIOS NOVEMBRO
martes, 26 de novembro de 2019
VISITA AO CINE
Esta mañá os nen@s da Uceira foron ver a película de FROZEN II ao cine de Leiro. Encantoulles a peli!!!!
SERIES LÓXICAS
Iniciamos o traballo de series lóxicas; primeiro vivenciamos a través do noso propio corpo: de pé/sentados, mans dentro/fóra dos petos, ollos abertos/pechados,... despois pasamos á vivenciación cos obxectos. As nosas primeiras seriacións atendendo ao criterio de cor. Foi facilísimo e divertímonos moito!
luns, 25 de novembro de 2019
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe, 25 de novembro, todo o centro se sumou á conmemoración deste día estampando as mans moradas nas portas de entrada ao colexio.
Nas aulas tamén se fixeron diferentes actividades e, aproveitamos para traballar a igualdade de xénero e a coeducación a partir do conto dos Bolechas, "Macrofesta no Carballiño", un agasallo para os nenos e nenas por parte do concello.
venres, 22 de novembro de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





























