Na clase de 3 seguimos xogando e aprendendo moito cos números e as cantidades que representan. Pasámolo xenial!
martes, 10 de decembro de 2019
xoves, 5 de decembro de 2019
6 DE DECEMBRO, DÍA DA CONSTITUCIÓN
Hoxe conmemoramos o día da constitución realizando diferentes actividades para que @s nen@s tomen conciencia dos dereitos e obrigacións que teñen, ben sexa consigo mesmos ou cara os demais.
mércores, 4 de decembro de 2019
E TI, QUE VES AQUÍ?
Deixamos voar a nosa imaxinación, experimentamos xogando co trazo e poñemos título aos nosos debuxos.
martes, 3 de decembro de 2019
O RECUNCHO DA BIBLIOTECA
Todas as semanas, os neno@s da aula de 4 anos, aproveitan algunha sesión da "hora de ler" para ir ao recuncho da biblioteca e desfrutar dos contos dun xeito máis libre.
Cadaquén escolle o seu, algúns compárteno, inventan e imaxinan o que lles acontece aos protagonistas, ..., en definitiva, botan a "voar" a súa imaxinación e creatividade.
Canto lles gusta!
NÚMERO 1: CANTIDADE E GRAFÍA
Na clase de 3 anos seguimos a aprender e a traballar co número 1, facemos diferentes actividades e xogos para integrar o concepto de cantidade e aprender a súa grafía.
venres, 29 de novembro de 2019
ANIVERSARIOS NOVEMBRO
martes, 26 de novembro de 2019
VISITA AO CINE
Esta mañá os nen@s da Uceira foron ver a película de FROZEN II ao cine de Leiro. Encantoulles a peli!!!!
SERIES LÓXICAS
Iniciamos o traballo de series lóxicas; primeiro vivenciamos a través do noso propio corpo: de pé/sentados, mans dentro/fóra dos petos, ollos abertos/pechados,... despois pasamos á vivenciación cos obxectos. As nosas primeiras seriacións atendendo ao criterio de cor. Foi facilísimo e divertímonos moito!
luns, 25 de novembro de 2019
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe, 25 de novembro, todo o centro se sumou á conmemoración deste día estampando as mans moradas nas portas de entrada ao colexio.
Nas aulas tamén se fixeron diferentes actividades e, aproveitamos para traballar a igualdade de xénero e a coeducación a partir do conto dos Bolechas, "Macrofesta no Carballiño", un agasallo para os nenos e nenas por parte do concello.
venres, 22 de novembro de 2019
xoves, 21 de novembro de 2019
PICAMOS
A través da técnica do picado, e empregando diferentes tipos de materiais (papel de regalo, xornal e metalizado), os nen@s da aula de 4 anos elaboraron un fantástico traballo moi acorde co tempo de choiva destes días.
Para rematalo fixeron unha morea de pingas con témpera.
mércores, 20 de novembro de 2019
DÍA DA INFANCIA 2019
Hoxe conmemoramos o DÍA DA INFANCIA, entre tod@s elaboramos un pequeno mural para ocasión. Deixámosvos o link dunha fermosa canción para este día:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

































