mércores, 16 de outubro de 2019

AS MIÑAS MANS

Estes días, na aula dos mandilóns laranxas están aprendendo moitas cousas sobre o corpo.
Hoxe foi a quenda das mans: como son, que podemos facer con elas, soan ou non?, o nome dos dedos, ....
Despois de facer varias actividades tocou a que a eles tanto lles gusta.
Velaí a tedes!

Canto desfrutaron estampando as súas mans no papel.
Para rematar, todos a cantar:
"El popurri de las manos"(CantaJuego).



XOGAMOS CO NÚMERO 1

Xa levamos uns días a xogar co número 1. Experimentamos co concepto de cantidade e aprendemos como se traza a súa grafía. Velaquí algunhas das actividades que fixemos.




luns, 14 de outubro de 2019

PICAR E PUNTEAR, PINGUIÑAS DE CHOIVA

Hoxe pola mañá Peliños e Peloncho contáronnos que no seu cole chovía igual ca no noso, así que puxémonos a picar as nubes con Peliños e logo decoramos un paraugas para Peloncho. Picamos e punteamos paseniño, como caen as pingas de choiva das nubes, e mentras iamos cantando:
"Chove polo río, chove polo mar,  a raniña verde púxose a saltar...clin, clan, clin, clan,..."


venres, 11 de outubro de 2019

MARMELO

Para rematar a semana, na aula de 4 anos, os nen@s tiveron un extra de merenda moi doce e saudable.
A profe tróuxolles unha froita que moitos non coñecían. Que é, como se chama?
A maioría das respostas foron pera ou limón..., pero eran marmelos!.
Tocáronos, ulíronos, viron como eran por dentro, falamos de como se cociñaba, ... e, finalmente saborearon o DOCE DE MARMELO.
 A algúns gustoulle máis que a outros!
Aínda así pouco sobrou...
 Para rematar cadaquén pintou o seu marmelo co pincel.


MANUALIDADE

A partir dunha cara , os nen@s construíron o corpo dunha rapaza empregando diversas técnicas: pintura, troquelado, picado  e debuxo.

SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE

Esta mañá a profe de prácticas fíxolle unha sesión lúdico-didáctica xogando cos aros e cos bloques lóxicos.

xoves, 10 de outubro de 2019

CORES DE OUTONO

Xa temos a aula ambientada! Marrón, amarelo, laranxa, verde,... aquí vos deixamos unha mostra das primeiras actividades que fixemos xogando coas cores do Outono.

martes, 8 de outubro de 2019

FROITAS DO OUTONO

Comezamos a semana traballando coas froitas do outono; aprendendo os seus nomes, as súas texturas, sabores...


Aproveitamos esta actividade  para traballar os cinco sentidos. Coa profe Sara fixemos unha actividade para recoñecer diferentes obxectos. Tamén probamos diferentes sabores e ulimos diferentes  aromas.


luns, 7 de outubro de 2019

AS MASCOTAS DAS AULAS

Comezou o curso e, pouco a pouco, as mascotas das tres aulas foron chegando ao cole.

Desde a selva chegou á aula de 3 anos a mona PELIÑOS e o seu moniño PELONCHO.
Na aula de 4 anos apareceu a foca PATOCA viaxando desde o país das neves e o xeo.
E desde o deserto, o raposo POQUÉ, cargado co seu saquete de letras apareceu na aula de 5 anos.

Por fin todos os nen@s teñen a súa imaxe na casa.

venres, 4 de outubro de 2019

ESTREAMOS HORA DE LER

Nesta semana os nen@s de 3 anos sumámonos ao resto de compis de infantil  na actividade da Hora de Ler, e fixémolo co conto de Garavanciño.






xoves, 3 de outubro de 2019

AS CORES DO OUTONO

Coa chegada do outono a paisaxe vai mudando as súas cores.
Na aula de 4 anos representáronas con esta fermosa árbore.

XOGAMOS CO CÍRCULO

Esta semana os máis peques do cole empezamos a xogar cos círculos; entre tanto barullo de figuras xeométricas déusenos xenial atopar tódolos círculos!!