Queridas familias, este curso imos a facer unha viaxe a GRECIA , un país cheo de cultura, tradición e historia. Imos a coñecer a súa xeografía, clima e tamén a que se adican as súas xentes. Viaxaremos no tempo coñecendo algúns heroes da mitoloxía grega, personaxes famosos coma Esopo, Arquímedes...
Tamén coñeceremos o seu alfabeto así coma a historia dos xogos olímpicos. Vai a ser unha viaxe moi divertida.
Con motivo da celebración do Día da Paz, este mércores todos os nen@s do colexio saíron ao pavillón con cintas das cores do arco da vella. Cada nivel levaba unha cor. A infantil tocoulle a cor morada. Con todas elas fixemos o arco da vella mentres cantabamos a canción de Soraya "Que bonito". Tamén portaron carteis coa palabra paz en diferentes idiomas de países europeos.
Nos días previos á celebración do Día Internacional da Paz e da Non Violencia nas tres aulas fixéronse diferentes traballiños relacionados con este día.
En 3 anos non houbo aniversarios, pero celebramos o de Iker que estivo de cumpre en decembro pero non veu ao cole o día que celebramos os cumpres de ese mes.
En 4 anos: Laura e Brenda
En 5 anos: Carla e Martin
Este mes tamén están de cumpre as profes Conchi e Chus
Para conmemorar o día da Paz, estamos a realizar cos nen@s unha serie de actividades que nos permitirán adornar o noso colexio. Grazas familias polos traballiños tan fermosos que fixestes cos vosos fixos.
Decoraron a palabra PAZ en diferentes idiomas do mundo
Despois da sondaxe sobre a xornada única que tivemos no mes de decembro, no que maioritariamente as familias decidistes a favor de implantala no centro, estamos nun momento decisivo para conseguila.
Convocámosvos a todos á VOTACIÓN OFICIAL que se levará a cabo o mércores día 23 de xaneiro no edificio Uceira en horario de 10:30 a 20:00 horas. UN VOTO POR FAMILIA.
Queremos recordarvos a importancia de que veñades a votar para conseguir aquilo polo que tanto tempo levamos loitando.
A xornada única supón os seguintes cambios para o centro:
Horario lectivo: Será de 9:00 a 14:00 horas.
Comedor: En horario de 14:00 a 15:00 horas.
Esta xornada implica unha serie de Actividades Extraescolares voluntarias que se realizarán no centro polas tarde en horario de 15:00 a 17:00 horas.
En canto ás ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, informámosvos de varios aspectos:
As familias decidirán voluntariamente a que actividades extraescolares asistirán os seus fillos/as, de entre todas as ofertadas.
Durante o horario de actividades, a biblioteca do centro permanecerá aberta e atendida por un profesor/a, para todo aquel alumnado que queira ou necesite utilizala. Isto facilita a libre elección de actividades xa que os alumnos/as poden permanecer nela de 15:00 a 17:00 horas, sendo totalmente gratuita.
As actividades programaranse en función da demanda e interese das familias.
Para aclarar as posibles dúbidas, mañá martes día 22 de xaneiro ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Uceira, celebraremos unha REUNIÓN INFORMATIVA para todas as familias que queiran asistir.
NOTA: O censo de familias está a disposición de quen queira consultalo no taboleiro da secretaría do centro, edificio Uceira.
Feliz aninovo familias!. Esta mañá os nen@s leváronse unha gran sorpresa ao chegar ó colexio. Os Reis Magos fixeron unha paradiña na Uceira e deixaron uns pequenos agasallos para as aulas de infantil. Estaban moi ilusionados.