Os rapaces de E.Infantil da Uceira traballaron sobre os dereitos recollidos na Constitución. Elaboraron un mural sobre o dereito á educación de todos os nenos e nenas.
Celebramos o seu 40 aniversario coloreando unha tarta de cumpre. FELICIDADES.
Onte fixemos a nosa primeira saída do cole deste curso escolar ao cine de Leiro para ver "EL Grinch".
Para os nen@s da profe Conchi foi a primeira vez que saían do colexio, de aí os nervios e a ilusión de viaxar en autobús, saír da contorna do colexio, ir cos nen@s das aulas de catro e cinco anos e as súas profes.
Para moitos tamén era a primeira vez que ían ao cine. Foi unha gran experiencia e a película gustounos moito!!
Na aula de 3 anos os nen@s experimentaron diferentes sensacións cos froitos desta tempada (noces, castañas, abelás, uvas, granadas, figos, marmelos, ...).
A súas formas, texturas, cores, tamaños e, como non, SABORES!!
Hoxe, por mor do tempo, non puidemos celebrar o magosto no exterior do colexio, polo que tivemos que facer os xogos dentro no ximnasio e comer as castañas e os bolos preñados na aula. Pasámolo moi ben.
Para celebrar a festa do Magosto o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares propuxo elaborar un pequeno mural por aula, coa temática da festa ou a do outono e co nome de cada equipo, e así estar identificados cando se fagan os xogos.
Moitas grazas ás familias por colaborar coa escola na elaboración destas cabazas con diferenetes tipos de materias. Nada de cabaciñas naturais... Quedáronvos xeniais!!