luns, 3 de decembro de 2018
venres, 30 de novembro de 2018
ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO
Este mes están de aniversario:
En 3 anos: Sara, Iago e Nicolás.
En 4 anos: Iago, Ángela e Sthefanny. Tamén celebramos o de Alba Sáchez porque estivo enferma no mes anterior.
En 5 anos: Noa Bernárdez.
martes, 27 de novembro de 2018
25 DE NOVEMBRO, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
No colexio celebramos o día internacional contra a violencia de xénero con varias actividades: vídeos, fichas...
luns, 26 de novembro de 2018
ÁRBORES DE OUTONO
Na aula de 3 anos os nen@s confeccionaron estas árbores de outono tan peculiares empregando algunas partes do seu corpo.
Que ben o pasaron!
mércores, 21 de novembro de 2018
DÍA UNIVERSAL DO NENO
Onte co gallo da celebración do Día Universal dos nenos e nenas, nas tres aulas cada un fixo un debuxo de si mesmo.
Estes foron algúns dos resultados...
PARABÉNS!
FROITOS DO OUTONO
Na aula de 3 anos os nen@s experimentaron diferentes sensacións cos froitos desta tempada (noces, castañas, abelás, uvas, granadas, figos, marmelos, ...).
A súas formas, texturas, cores, tamaños e, como non, SABORES!!
venres, 9 de novembro de 2018
O MAGOSTO
Hoxe, por mor do tempo, non puidemos celebrar o magosto no exterior do colexio, polo que tivemos que facer os xogos dentro no ximnasio e comer as castañas e os bolos preñados na aula. Pasámolo moi ben.
xoves, 8 de novembro de 2018
CARTEIS PARA O MAGOSTO
Para celebrar a festa do Magosto o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares propuxo elaborar un pequeno mural por aula, coa temática da festa ou a do outono e co nome de cada equipo, e así estar identificados cando se fagan os xogos.
Así quedaron os nosos...
domingo, 4 de novembro de 2018
CABAZAS
> Moitas grazas ás familias por colaborar coa escola na elaboración destas cabazas con diferenetes tipos de materias. Nada de cabaciñas naturais... Quedáronvos xeniais!!
sábado, 3 de novembro de 2018
PHOTOCALL
No colexio ademais de celebrar o Samaín tamén se festexou Halloween!.
O Equipo de Plurilingüismo elaborou para ese día un xigantesco e chulísimo photocall.
3 ANOS
4 ANOS
5 ANOS
venres, 2 de novembro de 2018
DISFRACES DE SAMAÍN
O día da festa os nen@s da aula de 3 anos chegaron caracterizados de pantasma, cabazas, morcegos, esqueletos, bruxas, arañas, demos,..., coa intención de pasar un gran día.
E vaia se o pasamos de medo!!
xoves, 1 de novembro de 2018
DÍA DE HALLOWEEN
Celebramos o día de Halloween con diversas actividades: disfraces, visita á casa do terror, conto en inglés e fotocol.
Visita á casa do terror.
Conto e fotocol
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





































