O 24 de outubro celébrase o día da biblioteca escolar, e tendo en conta que o noso centro dispón deste espazo. levamos aos nen@s de visita á biblioteca e aproveitamos para facer a lectura dun conto en galego "CROCODILO ENAMORADO"
As cabazas son un elemento motivador da festividade do SAMAÍN. No cole xa comezamos cos preparativos..., e hoxe a profe Conchi trouxo cabazas e cabaciñas de diferentes tamaños, formas e cores.
Os nen@s de 4 anos están iniciándose na lectura , comezamos co rei U, personaxe que aproveitamos para tratar a vendima, xa que ao rei gústanlle moito as uvas.