coxegas na uceira
Páginas
Inicio
Quen somos?
WEB do cole
BLOGS do cole
Enlaces E.I.
mércores, 17 de outubro de 2018
PELIÑOS
Cada día na aula de 3 anos a súa mascota, a MONA PELIÑOS, lles ensina aos nen@s moitas cousas, por iso eles a queren un montón.
Onte MARTINA veu ao cole un chisco caracterizada coma ela: con esas dúas coletiñas tan "monas".
martes, 16 de outubro de 2018
SABOR ÁCIDO
Onte na aula de 3 anos os nen@s traballaron co limón. Tocaron a súa pel rugosa, viron a súa cor amarela,..., e tamén probaron o seu sabor ácido.
A algúns gustoulles e a outros non.
Segundo eles,..., pica, pica!!
xoves, 11 de outubro de 2018
A FIGURA HUMANA
Hoxe os máis pequerrechos do cole comezaron a debuxarse a si mesmos.
Mirade como se ven...
QUE PODEMOS FACER COAS NOSAS MANS?
Coas mans podemos xogar, acariciar, dar palmas, saudar, ..., e tamén estampala no papel.
Que ben o pasaron na aula de 3 anos!
domingo, 7 de outubro de 2018
TEMPO DE VENDIMA
Na aula de 3 anos os nen@s tamén experimentaron coas uvas: cor, forma, textura, sabor,...
Logo aprenderon a ADIVIÑA e remataron pegando uvas no acio e coloreando a folla.
venres, 5 de outubro de 2018
A VENDIMA
Os nen@s de 4 anos están iniciándose na lectura , comezamos co rei U, personaxe que aproveitamos para tratar a vendima, xa que ao rei gústanlle moito as uvas.
Empezamos cun breve vídeo
Observamos as diferentes clases de uvas
.
E rematamos debuxando ao rei U
martes, 2 de outubro de 2018
APRENDEMOS CO ABN
Na aula de 4 anos os nen@s adiviñan o lugar que ocupa cada número na recta numérica.
HORA DE DESCANSAR..
Comezaron as clases pola tarde e os nen@s de 3 anos descansan nos seus coxíns. Algúns botaron unha boa sesta.
venres, 28 de setembro de 2018
CANTO TRABALLAMOS
Xa adaptados empezamos o traballo.
ANIVERSARIOS DE AGOSTO E SETEMBRO
Este mes celebramos o aniversario dos nen@s que cumpren en agosto e setembro
En 3 anos: PABLO e HUGO.
En 4 anos : AIDEN e INÉS.
En 5 anos:Isaac, Hugo e Melissa
sábado, 22 de setembro de 2018
XOGAMOS NOS RECANTOS
Os nenos/as de tres anos están aprendendo o máis difícil, COMPARTIR.
sábado, 15 de setembro de 2018
PRIMEIROS DÍAS NA ESCOLA
OS NENOS DE 3 ANOS INICIARON A SÚA ETAPA NA ESCOLA EN PERÍODOS BREVES DE TEMPO
Publicacións máis recentes
Publicacións máis antigas
Inicio
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)