Despois de escoitar un conto emocional "A ovella e o lobo", os nen@s de 5 anos fixeron un debuxo sobre o conto facendo a súa interpretación persoal.
mércores, 15 de abril de 2015
xoves, 9 de abril de 2015
MATEO VISITOU O COLE!
O mércores pola tarde, os papás de Samuel trouxeron a Mateo (o irmán de Samuel) ao colexio para que todos os seus amigos da clase o coñecesen. Samuel estivo encantado coa visita do seu irmán.
xoves, 26 de marzo de 2015
VISITA Á EXPOSICIÓN: " A MEMORIA DOS OBXECTOS NA GALICIA"
Queridas familias! querémosvos convidar a visitar a exposición que se está a levar a cabo no salón de actos do colexio sobre obxectos antiguos. Aquí vos amosamos unha pequena mostra da visita que realizaron os nenos a tempos pasados.
ANIVERSARIOS DE MARZO
Este mes están de aniversario:
En 3 anos: PAULA BARJA, ABEL e NICOLÁS GONZÁLEZ.
En 4 anos: DANIEL COSTA e MAURO ÁLVAREZ.
En 5 anos: BRAIS, HUGO, TOMÁS, RUBÉN e HÉCTOR.
MURAL DE PASCUA
Preparamos a chegada das vacacións coa realización dun mural de ovos de Pascua na que colaboraron os nen@s de 5 anos.
luns, 23 de marzo de 2015
UNHA VISITA INESPERADA
A semana pasada visitounos o novo irmán de Águeda, "Carlos", todos os nen@s estaban moi emocionados. Esperamos que nos visiten todos os bebés que naceron durante este curso.
21 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA ÁRBORE
Con motivo da celebración do día da árbore, a Deputación Provincial este ano mandounos un acivro para plantar no noso patio do colexio, que coidaremos entre todos.
mércores, 18 de marzo de 2015
mércores, 11 de marzo de 2015
O NENO E O GATO
Para iniciar aos nen@s de 3 anos no debuxo, contamos unha historia de un neno e o seu gato, despois da historia fixeron o debuxo do mesmo.
OBRA DE ARTE
Os nen@s de 3 anos fixeron unha obra pegando moitos gomets, para esta actividade contaron coa axuda dos compañeiros de 4 anos que lles axudaron a recortar os papeis.
xoves, 5 de marzo de 2015
TRABALLAMOS COS BOLECHAS
Os nen@s de 5 anos traballaron cos personaxes de "Os Bolechas".
Primeiro leron diversos contos dos Bolechas, despois fixeron pasatempos sobre eles e por último debuxaron a esta familia tan divertida de irmáns.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















