A semana pasada visitounos o novo irmán de Águeda, "Carlos", todos os nen@s estaban moi emocionados. Esperamos que nos visiten todos os bebés que naceron durante este curso.
Con motivo da celebración do día da árbore, a Deputación Provincial este ano mandounos un acivro para plantar no noso patio do colexio, que coidaremos entre todos.
Os nen@s de 3 anos fixeron unha obra pegando moitos gomets, para esta actividade contaron coa axuda dos compañeiros de 4 anos que lles axudaron a recortar os papeis.
Nesta nova unidade que comezamos imos traballar "O supermercado", esta mañá coñecemos como funciona unha báscula pesando as froitas que os nen@s troixeron de merenda.