mércores, 11 de marzo de 2015

OBRA DE ARTE

Os nen@s de 3 anos fixeron unha obra pegando moitos gomets, para esta actividade contaron coa axuda dos compañeiros de 4 anos que lles axudaron a recortar os papeis.



xoves, 5 de marzo de 2015

BAILANDO COS AROS

As clases de psicomotricidade resultan divertidísimas para os nen@s.

TRABALLAMOS COS BOLECHAS

Os nen@s de 5 anos traballaron cos personaxes de "Os Bolechas".
Primeiro leron diversos contos dos Bolechas, despois fixeron pasatempos sobre eles e por último debuxaron a esta familia tan divertida de irmáns.

xoves, 26 de febreiro de 2015

ESPAGUETES DE PLASTILINA

Como unha actividade de plástica os nen@s de 4 anos fixeron churros de plastilina para decorar un plato de espaguetes.

COÑECEMOS A BÁSCULA

Nesta nova unidade que comezamos imos traballar "O supermercado", esta mañá coñecemos como funciona unha báscula pesando as froitas que os nen@s troixeron de merenda.

ANIVERSARIOS DO MES DE FEBREIRO

Este mes están de aniversario: 
En 5 anos: MARIO

En 4 anos:CARMEN, LENA, LAURA, CRISTIAN E BRUNO.


En 3 anos; ÁNGEL P., MARÍA E ZAIRA
.

martes, 24 de febreiro de 2015

VIVA MÉXICO

Imos coñecer moitas cousas dun país descoñecido para os nenos, México.
Comezamos por aprender algo sobre o seu folklore, bailando unhas rancheiras típicas dese país.
Ó logo desta unidade iremos amosando diferentes aspectos da cultura mexicana.

venres, 13 de febreiro de 2015

AQUELES MARABILLOSOS ANOS

Hoxe na escola celebramos a festa do entroido lembrando aos noso avós e bisavós. O resultado foi fantántico. Grazas pola vosa colaboración. As mestras da Uceira deséxanvos un bo entroido. Lembrade! As clases comezan o vindeiro xoves día 19.

CUCHIPANDA DE ENTROIDO

Para celebrar o entroido fixemos un pequeno desfile cos alumnos de primeiro, e logo rematamos na aula con merenda e baile de entroido.
Que ben o pasamos!

xoves, 12 de febreiro de 2015

PREPARANDO O ENTROIDO

Despois de moito remexer..... algo atopamos!!!


VIVA O ENTROIDO

Hoxe xoves, os nen@s da Uceira viñeron disfrazados libremente da casa co seu disfraz preferido. Mirade que guapos están!


CONTOS DE TITIRITRAPO

A compañía de teatro "Nuevos Públicos Escénicos"  deleitounos cos  contos  de "Titiritrapo" moi divertidos acompañados de monicreques.
Para asistir á representación destes contos desprazámonos ata o auditorio de Ourense, disfrutando dunha magnífica viaxe en autobús.