Cos troquelados do método de traballo de aulas, confeccionamos carautas das nosas mascotas, e tamén adornos para a cabeza. Os de 3 anos levan a carauta de Papelote e as plumas de indio qu é o disfraz de Papelote.
Os de 4 anos a carauta de Pascuala e o pano de pirata.
E os de 5 anos a carauta da abella Pepa e o diadema de faraón.
Este ano como decoración para o colexio, os de infantil da Uceira decidimos confeccionar a máscara dun Boteiro de Viana do Bolo. Os nen@s fixeron boliñas de papel de seda para dar un colorido moi vistoso á nosa máscara.
Tendo en conta que a unidade de 3 anos do entroido trata a temática dos indios, na clase fixemos un pequeno taller para confeccionar algún traxe de indio, a careta e as plumas da cabeza.
Nestes días tan fríos, e con neve nas altas montañas queremos recibir a chegada da neve no colexio disfrazando a unha nena de "Folerpa", a nosa moneca especial.
Queridas familias as profes de infantil da Uceira, desexámosvos un feliz ano 2015.
Esta mañá cando chegamos ao cole , os nen@s levaronse unha gran alegría, ao noso cole támen chegaron os Reis Magos e deixáronnos unhos agasallos moi bonitos.