xoves, 20 de novembro de 2014

mércores, 12 de novembro de 2014

Rematamos a celebración do magosto realizando unha festa con castañas e demáis chuminadas.

luns, 10 de novembro de 2014

INICIACIÓN AO RECORTADO

O manexo das tesoiras sempre resulta moi divertido para os nen@s pequenos, especialmente para os de 3 anos . Comezamos recortando libremente para máis adiante realizar traballos máis precisos.


MANUALIDADES CON NOCILLA

Os nen@s de 3 anos puideron descubrir que cos alimentos tamén se fan manualidades. Decoramos unha castaña marrón con nocilla. Que lapeirada!


xoves, 6 de novembro de 2014

martes, 4 de novembro de 2014

luns, 3 de novembro de 2014

Unha casa nun cogumelo

Os rapaces de 4 anos tamén tiveron a sesión de conto na aula de estimulación. A profe Conchi contoulles o conto de "Unha casa nun cogumelo".
         

        

A BALEA BAILARINA

Ao remate do conto "A balea bailarina" na clase de estimulación da  linguaxe, os nen@s de 5 anos fixeron o debuxo deste animal.




xoves, 30 de outubro de 2014

SEMANA ADICADA AO SAMAÍN

Esta semana estivemos celebrando o samaín no colexio. Comezamos coa exposición de cabazas que foi posible grazas á colaboración de pais e nais dos nen@s da Uceira.



















Tamén fixemos activdades artísticas relacionadas coa temática.



Escoitamos o conto de "Corre, Corre Cabaciña", e aprendimos a canción.


Vimos unha película que nos ofreceron os do equipo de biblioteca "Monstruos S.A 2". Logo de ver a película fixeron colorearon ao seu protagonista.



Vimos vídeos relacionados co tema do Samaín.



E rematamos o día disfrutando cos disfraces que trouxeron os nen@s e coa visita de "A muller araña"