venres, 27 de abril de 2012

ANIVERSARIOS DE ABRIL

3 ANOS
DANIEL e NOELIA QUIROGA

4 ANOS
DANIEL

5 ANOS
PAOLA e MINERVA

A PROFE MERCE TAMÉN CUMPLE...
...6!!!!!

ABERTO - PECHADO

Unha maneira de traballar cos nen@s o concepto de aberto e pechado é facendo algo que a eles lles gusta moito....
 Berrar abrindo moito a boca!





xoves, 26 de abril de 2012

GRANDE E PEQUENO

Canto lles gusta aos nen@ xogar co tamaño das cousas mediante unha lupa.



Como cada vez que empeza unha nova estación, hai que decorar o colexio, por iso os nen@s de mandilón verde fixeron un mural de flores que lles quedou precioso.




VERMES DE SEDA

O noso cole foi seleccionado pola Xunta para un proxecto sobre Vermes de Seda que terá continuidade o vindeiro curso. Levámolo a cabo E.I. e o 1º Ciclo de E.P. Achegaronnos material para ver o proceso de metamorfose do verme de seda.
Que sorte, nos xa empezaramos esta "aventuriña"!
 
Entramado para cando se fagan os casulos

A caixa para facer o proxecto
 
Os oviños
Empeza a "aventuriña"!




luns, 23 de abril de 2012

Ao longo desta semana faremos unha morea de actividades relacionadas cos libros e moi especialmente co libro de "O Quixote". Cando rematemos este pequeno proxecto pretendemos que os nen@s teñan un maior coñecemento sobre esta grande obra literaria.

Os nen@s de 5 anos fixeron un debuxo dos personaxes de "O Quixote".




Os de 4 anos tamén debuxaron a "O Quixote".




Os de 3 anos fixeron un marcapáxinas para os contos que teñen na casa.



DON QUIXOTE

Con motivo do día do libro, estivemos lendo un cachiño do Quixote para que os nen@s coñeceran os principais personaxes da historia.





domingo, 22 de abril de 2012

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Este ano o día do libro conmemora a morte de Miguel de Cervantes. Por esmotivo, no colexio vaise proceder ao longo da xornada á leitura de partes  do libro de "O Quixote" un fantástico libro de aventuras.




     Estes son os persoaxes.








venres, 20 de abril de 2012

TEO E OS ANIMAIS

Coñecedes os contos de Teo?. Xogando os nen@ cos libros, descubriron na biblioteca un conto de Teo onde dicía que Teo tamén tiña vermes de seda.


Despois de ler o conto, os nen@s lembraron que lle tiñamos que dar de comer aos vermes. Martín troixo as follas de moreira para alimentar os nosos vermes.

O TRIÁNGULO

Que difícil resulta esta figura!, bueno coa axuda da profe é un pouco máis doado.