Como cada vez que empeza unha nova estación, hai que decorar o colexio, por iso os nen@s de mandilón verde fixeron un mural de flores que lles quedou precioso.
xoves, 26 de abril de 2012
VERMES DE SEDA
O noso cole foi seleccionado pola Xunta para un proxecto sobre Vermes de Seda que terá continuidade o vindeiro curso. Levámolo a cabo E.I. e o 1º Ciclo de E.P. Achegaronnos material para ver o proceso de metamorfose do verme de seda.
Que sorte, nos xa empezaramos esta "aventuriña"!
| Entramado para cando se fagan os casulos |
| A caixa para facer o proxecto |
| Os oviños |
| Empeza a "aventuriña"! |
mércores, 25 de abril de 2012
luns, 23 de abril de 2012
Ao longo desta semana faremos unha morea de actividades relacionadas cos libros e moi especialmente co libro de "O Quixote". Cando rematemos este pequeno proxecto pretendemos que os nen@s teñan un maior coñecemento sobre esta grande obra literaria.
Os nen@s de 5 anos fixeron un debuxo dos personaxes de "O Quixote".
Os de 4 anos tamén debuxaron a "O Quixote".

Os de 3 anos fixeron un marcapáxinas para os contos que teñen na casa.
Os nen@s de 5 anos fixeron un debuxo dos personaxes de "O Quixote".
Os de 4 anos tamén debuxaron a "O Quixote".
Os de 3 anos fixeron un marcapáxinas para os contos que teñen na casa.
DON QUIXOTE
Con motivo do día do libro, estivemos lendo un cachiño do Quixote para que os nen@s coñeceran os principais personaxes da historia.
domingo, 22 de abril de 2012
23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO
Este ano o día do libro conmemora a morte de Miguel de Cervantes. Por esmotivo, no colexio vaise proceder ao longo da xornada á leitura de partes do libro de "O Quixote" un fantástico libro de aventuras.
Estes son os persoaxes.
venres, 20 de abril de 2012
TEO E OS ANIMAIS
Coñecedes os contos de Teo?. Xogando os nen@ cos libros, descubriron na biblioteca un conto de Teo onde dicía que Teo tamén tiña vermes de seda.
Despois de ler o conto, os nen@s lembraron que lle tiñamos que dar de comer aos vermes. Martín troixo as follas de moreira para alimentar os nosos vermes.
Despois de ler o conto, os nen@s lembraron que lle tiñamos que dar de comer aos vermes. Martín troixo as follas de moreira para alimentar os nosos vermes.
xoves, 19 de abril de 2012
A EIRUGA LARPEIRA
A partires do conto "A eiruga larpeira" imos a traballar moitas actividades interesantes e divertidas para os nen@s.
Tamén achegamos a versión en castelán: "La pequeña oruga glotona"
http://www.slideboom.com/presentations/67717/oruga-glotona
Tamén achegamos a versión en castelán: "La pequeña oruga glotona"
http://www.slideboom.com/presentations/67717/oruga-glotona
mércores, 18 de abril de 2012
OBSERVAMOS OS VERMES
As nosas compañeiras do edificio Calvo Sotelo pasáronnos os vermes de seda para que os nen@s da Uceira tamén poidan observar o proceso de transformación de verme en bolboreta.Ímolos coidar moi ben.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



