martes, 20 de setembro de 2011

O noso traballo

Despois do paro , comezamos a nosa xornada con varias actividades.










 

Xornada de brazos caídos

Hoxe, ás 10  da mañá fixemos unha parada nas tarefas escolares para protestar polos continuos axustes da consellería.

luns, 19 de setembro de 2011

xoves, 15 de setembro de 2011

NOTA INFORMATIVA

PROMOCIÓN 2011-2012

Aquí están os máis pequerrechiños do cole. Uns campeóns!




Os de 4 anos están moi orgullosos porque xa non son os máis cativos



E para rematar coa presentación os veteranos de infantil.

mércores, 14 de setembro de 2011

ADAPTACIÓN ESCOLAR

Queridas familias, queremosvos informar que o periodo de adaptación está resultando moi favorable. Os nen@s asisten moi contentos ao colexio e xa non choran na aula. Estade tranquilos.

xoves, 8 de setembro de 2011

COMEZO DO CURSO ESCOLAR

O VINDEIRO LUNS, DÍA 12, ÁS 9:45 TEREMOS A REUNIÓN COS PAIS/NAIS DOS NEN@S DE EDUCACIÓN INFANTIL DA UCEIRA PARA INFORMARLLES DAS NORMAS DO CENTRO. AS CLASES REMATARÁN ÁS 12 DA MAÑÁ.
O MARTES XA COMEZAREMOS O HORARIO DE SETEMBRO , DE 9:45 A 14:30.

BENVIDOS A ESTE NOVO CURSO

xoves, 1 de setembro de 2011

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLA

QUERIDOS PAIS/NAIS, AS MESTRAS DE INFANTIL DO C.E.I.P CALVO SOTELO, DÁMOSVOS A BENVIDA A UN NOVO CURSO ESCOLAR.

luns, 27 de xuño de 2011

Festival fin de curso

E xa para rematar este curso, queridos pais/nais darvos as grazas pola vosa colaboración. Para que teñades un grato recordo , aquí tendes os mellores bailaríns do mundo.

O XOGO DA CARRASQUIÑA
3ANOS


BAIAO
4 ANOS


A CAMIÑO DE VISEU
5 ANOS


E XA POR FIN...
OS GRADUADOS DE 5 ANOS QUE PASAN A PRIMARIA

martes, 21 de xuño de 2011

CANTO MEDRAN OS NENOS

Dende comezo de curso levamos un seguimento do que miden os nenos. Agora podedes comprobar cánto medran e cambian ó longo do curso.


domingo, 19 de xuño de 2011

FESTIVAL FIN DE CURSO

O vindeiro martes, ás 10 da mañá , os nen@s de Educación Infantil actuarán no salón de actos do colexio. Ó rematar faremos unha pequena festa de fin de curso.