luns, 23 de maio de 2011

A COR VERDE

Ah! xa sabemos como se fai a cor das ras. Se mesturamos o amarelo e o azul.....sae a cor verde.


FACEMOS PAN

Con fariña, levadura, auga , sal e unha boa amasada dos nen@s de 5 anos sae un pan riquísimo.
Primeiro vimos un vídeo para aprender como se fai o pan.




Despois fixemos o noso pan no colexio.

 

E xa para rematar esta experiencia os nen@ escribiron o ingredintes necesarios para facer unha boa bóla  de pan, debuxaron pan e recortaron as secuencias do proceso.







mércores, 18 de maio de 2011

Letras Galegas 2011

No colexio hoxe fixemos unha pequena homenaxe a Lois  Pereiro. Fomos ao salón de actos para coñecer un pouco màis da vida de este poeta monfortino.




 Despois de coñecer un pouco máis do día das letras galegas, fomos as nosas aulas para poñer en práctica o que aprendemos.



luns, 16 de maio de 2011

17 DE MAIO, DIA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano adicamos o día das LETRAS GALEGAS a un poeta de Monforte, LOIS PEREIRO.



Para que coñezades un pouco máis a este poeta picade no seguinte enlace.

martes, 10 de maio de 2011

CORRELINGUA

Os nen@s de toda a comarca participaron nunha andaina que comezou no parque municipal e rematou para os máis cativos na praza maior cun espectáculo de títeres.

domingo, 8 de maio de 2011

8º Encontros de Educación Infantil

RECICLÁNDONOS
As profes Conchi e Merce asistimos aos 8º Encontros de Educación Infantil que tiveron lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela os días 6 e 7 de maio de 2011.
Foron dous días de moito traballo pero mereceu a pena compartir con outras mestras e outros mestres de E.I. experiencias e novas ideas para contarlle as nosas compis e levar as nosas aulas .

venres, 6 de maio de 2011

CORRELINGUA

Queridas familias, o vindeiro luns día 9 iremos ao parque para facer unha andaina ata a Plaza Maior pola defensa da nosa língua. Haberá diversas actividades tanto para os máis cativos coma para os maiores. Esperamos pasalo estupendamente.


http://www.correlingua.org/main.aspx?ApartId=13

O DESERTO

Aprendemos os distintos hábitats dos animais e hoxe fixemos un deserto con dromedarios.