luns, 14 de marzo de 2011

NOTA INFORMATIVA

Queridas familias! ,lembrade que o mércores  16 será o último día para confirmar a asistencia ou non da saída ao cine de Leiro.

domingo, 13 de marzo de 2011

Traballamos o CH

Os nenos de 5 anos como xa son maiores, están aprendendo a ler. Esta semana traballamos a letra Ch.Lemos o conto, facemos o sonido, traballamos palabras con ch(chino, chourizo, chaqueta), e por último facemos a grafía.

xoves, 10 de marzo de 2011

Xa estamos de volta na escola, rematou o entroido, acabouse a troula e a diversión, voltamos á rutina ... pero o mellor de todo é estar de novo cos pequerrechos compartindo as súas experiencias.

venres, 4 de marzo de 2011

Taller de Carautas

E xa para rematar o entroido os nen@s de 4 anos fixeron unha carauta dun pirata.



 Os nen@s de 3 anos fixeron uns antifaces moi floridos
 

                                                                                              




Desfile de disfraces

Por fin chegou o día de lucir eses preciosos disfraces que todos os nen@s estiveron preparando toda a semana. Prestade atención a estas imaxes.

POR FIN CHEGOU O ENTROIDO!!!!!

Hoxe, venres os nenos e nenas de infantil puxeron os seus mellores traxes para a festa do cole




DISFRUTADE MOITO NESTAS PEQUENAS
VACACIÓNS DE ENTROIDO

xoves, 3 de marzo de 2011

Xoves de Entroido

A cousa vaise enredando!
Hoxe tocaba traer:  algo na cabeza, algo no pescozo, algo no corpo e...ALGO NOS PÉS...



mércores, 2 de marzo de 2011

Elaboramos caretas de entroido

Os de 3 anos fixeron a careta de PAPELOTE.

Os de 4 anos disfrazaronse de "A RA PASCUALA".


Os de 5 anos disfrazaronse de "A abella Pepa".

POMPAS

Que ben o pasaron os nen@s de 3 anos xogando a estoupar as pompas que facía a súa profe Gloria.

Mércores de Entroido

Xa o descubrimos! Hoxe tocaba traer: algo na cabeza, no pescozo e... ALGO NO CORPO. E mañá....


martes, 1 de marzo de 2011

Martes de Entroido

O meco do noso cole non para de dar ordes, hoxe mandounos traer algo na cabeza e no pescozo. Que tocará mañá?