venres, 18 de febreiro de 2011

Xogamos na escola

Tendo en conta que en infantil a aprendizaxe baséase no xogo, os nen@s de infantil pasaron unha xornada lúdica esta mañá.

Arte na escola

No colexio queremos despertar o interés dos nen@s polo arte. Nesta ocasión traballamos coa figura de Picasso, coñecemos a súa obra e pintamos unha.





venres, 11 de febreiro de 2011

A cor morada

Que traballo mais difícil o dos pintores! pero é moi divertido. Remexendo, remexendo...fixemos a cor morada.


O inverno

Neste día de frío os nen@s fixeron unha paisaxe de inverno empregando diversas técnicas.





Os alimentos

Aproveitando que estamos coa unidade dos alimentos, traballamos a importancia do frigorífico para a conservación de certos alimentos coma os iogures, carne, peixe...


xoves, 10 de febreiro de 2011

O ananiño

Os nenos de 5 anos fixeron un cadro co ananiño que non sabía comer. Cada nen@ levarao para a casa para que se acorden dos bos hábitos alimenticios.

martes, 8 de febreiro de 2011

A FOLERPA DE NEVE

Os nen@s de 3 anos decoraron "a folerpa" para recordar que aínda que está moi bo tempo seguimos no inverno.












luns, 7 de febreiro de 2011

O PARRULO FEO

Escoitade este conto tradicional que nos sensibiliza no respeto polas diferencias individuais.

venres, 4 de febreiro de 2011

FROITAS TROPICAIS

Os nen@s de infantil da Uceira descubren unha nova froita chegada das Américas.  Houbo para todos os gustos , a uns nen@s encantoulle O AGUACATE e a outros non lles gustou nada.

martes, 1 de febreiro de 2011

Conto de Audición e Linguaxe.

                EL NIÑO QUE NO SABÍA COMER.
Este cuento narra la historia de un niño que no sabía comer y gracias a la ayuda de un duende mágico consiguió aprender a comer.

A PAZ NO COLEXIO

Os nenos e nenas da Uceira conmemoramos o Día da Paz facendo distintas "pombas" que quedaron moi divertidas.