mércores, 15 de decembro de 2010

Arbore de Nadal

Hoxe tocou adornar o árbore do Nadal. Todos os nenos colaboraron pintando e enrugando papeis para facer boliñas.


QUE PRECIOSIDADE DE BÓLAS. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

luns, 13 de decembro de 2010

Festival de panxoliñas

QUERIDOS PAIS/NAIS QUEREMOSVOS INFORMAR QUE O VINDEIRO MÉRCORES ÁS 18:00 HORAS SERÁ O FESTIVAL DE PANXOLIÑAS DO CONCELLO. OS NEN@S XA IRÁN VESTIDOS DA CASA. DESEXAMOS QUE DISFRUTEDES MOITO, E RECORDADE QUE OS VOSOS FILL@S ESFORZARONSE MOITO NOS ENSAIOS.

domingo, 12 de decembro de 2010

O apalpador

Queridos pais e nais queremos que coñezades un personaxe máis ligado á nosa cultura que é a figura do apalpador. Nós tivemos coñecemento del grazas ás nosas compañeiras do Calvo Sotelo que nos informaron do seu coñecemento.




                       O Apalpador

O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesas das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben mantidos. Logo de desexarlles que no ano vindeiro non pasasen máis fame e vivisen con fartura, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.

A tradición, recollida por Lôpez Gonçâlez nas comarcas do Courel, Lóuzara e o Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o
Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Hai quen cre que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.

Ademais, nos últimos días sóubose dun outro nome que leva esta figura no sur do país: O Pandigueiro. Este baixaba da Cabeza Grande pola banda de Trives e de que se agochaba na Raíña Loba pola banda do val do Salas. A cantiga chamábao: "Pandigueiro na noitiña, Pandigueiro vén axiña

venres, 10 de decembro de 2010

Grazas papás

Queridos pais/nais queremosvos dar as grazas pola vosa colaboración na elaboración das bólas de nadas, están quedando preciosas. Nos próximos días xa vos mostraremos neste blog todas as bólas que trouxeron os nen@s.

Construímos a nosa casiña

Que bonitas son as casas dos nen@s de catro anos.


venres, 3 de decembro de 2010

A constitución española

O 6 de decembro celebramos o día da Constitución. Para nós é unha lei fundamental porque nela recoñécense os seguintes dereitos e deberes fundamentais:
-Todos teñen dereito á educación. Recoñécese a liberdade do ensino
 - A educación terá por obxeto o  pleno desenvolvemento da personalidade humana.
- O respeto aos principios democráticos de convivencia e aos dereitos e libertades  fundamentais.
-A dignidade da persoa,  os dereitos inviolables que lle son inherentes, o libre desenvolvemento da  personalidad,e  o respeto a ley e aos derereitos dos demais son o fundamento do orden político e da  paz social
- Os españois  son iguais ante a lei , sen que poida prevalecer discriminación algunha
por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou
circunstancia personal ou social.
Tanto a escola coma a familia deberán colaborar para que o nen@ medre nun ambiente de respeto aos dereitos fundamentais.

Nota informativa





O vindeiro martes non haberá escola debido a festividade do día do mestre. Desexamosvos que pasedes unha feliz ponte e moito coidadiño co xeo

xoves, 2 de decembro de 2010

O NADAL

COMENZA O MES DO NADAL E TODOS TEMOS QUE ADORNAR O COLEXIO. ESTA TARDE COMEZAMOS A PREPARARNOS PARA O NADAL.

OBSERVADE NESTE VÍDEO QUE NEVADA MAIS BONITA

Día de nevarada

Debido a ameaza de temporal de neve previsto, hoxe moitos nen@s non acudiron a clase. Os profes de Infantil aproveitamos o día para traballar sobre o Nadal.





Coma se estivesemos no cine vimos na gran pantalla a película de "Rudolf"



mércores, 1 de decembro de 2010

NOTA INFORMATIVA

QUERIDOS PAIS/NAIS , PRECISAMOS DA VOSA COLABORACIÓN PARA ADORNAR AS NOSAS AULAS.
DEBEDES AXUDAR AOS NEN@S A CONFECCIONAR UNHA BÓLA DE NADAL CON VOLUMEN , PODEDES EMPREGAR CALQUERA TÉCNICA. O TRABALLO SERÁ ENTREGADO POLOS NENOS O DÍA 13 DE DECEMBRO GRACIAS.