mércores, 30 de outubro de 2024

HALLOWEEN & SAMAÍN 2024

Ao longo das últimas semanas levamos realizado múltiples actividades en torno ao Samaín e o Halloween: manualidades, actividades musicais, exposición de traballos feitos coa colaboración das familias, decoración e ambientación dos corredores, etc.

Hoxe, para rematar estes festexos, disfrazámonos e pasamos un día de cole terroríficamente divertido tod@s xuntos!

Aquí vos deixamos un breve vídeo dos nosos  disfraces e desexámosvos que pasedes un felíz Halloween & Samaín.👾👻💀😈🔮🎃

 Vémonos de volta no cole o luns día 4 de novembro.


domingo, 27 de outubro de 2024

CUMPLES DE OUTUBRO

Xa a piques de rematar este mes de outubro o venres celebramos no cole todos os cumples do mes . Parabéns para todos e todas.











domingo, 13 de outubro de 2024

CAPITÁN VERDEMÁN

 Hai uns días patrocinado pola Deputación de Ourense puidemos aprender algo máis de como coidar o medio ambiente: a importancia de prantar árbores, reciclar o lixo...

Tamén levamos a cabo unha experiencia onde prantamos o noso propio CAPITÁN VERDEMÁN






mércores, 2 de outubro de 2024

MATILDA NA ESCOLA

Hoxe os nenos e nenas de 5 anos gozaron da actividade de primeiros auxilios "Matilda". Foi unha experiencia moi enriquecedora,  na que non só se divertiron senón que tamén aprenderon un montón de cousas. Como estiveron moi participativos/as e o fixeron tan ben, levaron un carné de regalo.