A nosa mascota da clase, a mona Peliños, axúdanos a establecer unhas normas sinxelas para que tod@s estemos contentos no cole. Coa maxia da variña da fada Popeta xa puxemos en práctica unha das máis importantes: respectar as quendas de palabra. Coa maxia de Popeta aprendemos a ter un pouquiño máis de paciencia para escoitarnos uns aos outros.
luns, 30 de setembro de 2019
venres, 27 de setembro de 2019
ANIVERSARIOS AGOSTO E SETEMBRO
Este venres festexamos no cole os aniversarios dos nenos e nenas que cumpriron anos en agosto e setembro. PARABÉNS A TOD@S!!
ANIVERSARIO DE NAIA, 3 ANOS
ANIVERSARIOS DE PABLO E HUGO, 4 ANOS
ANIVERSARIOS DE AIDEN E INÉS, 5 ANOS
xoves, 26 de setembro de 2019
ANIMACIÓN Á LECTURA
Hoxe na aula de 4 anos, aproveitando a "hora de ler", Izan contoulles aos seus compañeiros un dos seus contos preferidos: "Las jirafas no pueden bailar".
Canto lles gustou a todos esta nova actividade!!

ASOCIACIÓNS
Esta mañá a profe de prácticas levou a cabo unha sesión de asociación número-cantidade
empregando diversos materiais.
martes, 24 de setembro de 2019
HORA DE LER
Comezamos no colexio unha nova actividade chamada "hora de ler". Hoxe tocoulle a quenda a Clara que lles contou un conto aos seus compañeiros da clase.
EQUIPOS 3 ANOS
A semana pasada coñecemos a Popeta, unha fada moi divertida a que lle encanta facer pompas de xabón, e trouxo ao cole unhas pompas xigantes de cores para nós!! Con esas pompas fixemos os nosos equipos. Gracias Popeta!
luns, 23 de setembro de 2019
PRIMEIROS DIAS NA ESCOLA
Os nenos e nenas de 3 anos deixámosvos unha pequena
reportaxe dos nosos primeiros días no cole; como poderedes ver estamos
encantad@s e pasámolo moi ben! Disfrutamos do parque, do areeiro, visitamos o
ximnasio, xogamos nos recantos da aula, cantamos, almorzamos …
Estes primeiros días deron para moito!!
Estes primeiros días deron para moito!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)