venres, 16 de decembro de 2011

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO

Este mes de decembro non hai ningún aniversario na aula de 4 anos.
Na aula de 3 anos están de aniversario: MIGUEL E NOELIA SOTO.


 


Na clase de 5 anos rematou o ano ANNE.

xoves, 15 de decembro de 2011

mércores, 14 de decembro de 2011

ARTE NA ESCOLA

Agora tocoulle a quenda a Murillo coa súa obra "Adorción de los pastores".




Os nen@s tamén crean unha obra de arte.


martes, 13 de decembro de 2011

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Os nen@s de Educación Infantil participamos no concurso de postais de Nadal do colexio.
Sorpresa....! Unha das nosas foi seleccionada...


Aquí tendes o autor... Jose de 5 anos da Uceira.


As postais gañadoras por ciclos foron:

E seguen chegando estrelas.


ARRIBA E ABAIXO

Hoxe traballamos: ARRIBA




ABAIXO:






E pintamos a estrela que está arriba.


luns, 12 de decembro de 2011

Grazas papás e mamás pola vosa colaboración. Os nen@s están moi orgullosos do traballo que trouxeron da súa casa.


Os nen@s de 3 anos fixeron unhas campás para adornar as súas árbores de nadal.

mércores, 7 de decembro de 2011

A COR AMARELA

Hoxe comezamos a mañá coa cor amarela. Os nen@s  de 3 anos buscaron obxectos amarelos por toda a clase.

luns, 5 de decembro de 2011

6 DE DECEMBRO, DÍA DA CONSTITUCIÓN

Maná, día 6 de decembro, non haberá clases . No colexio os nen@s aprenden os dereitos dos nen@s: unha educación, unha casa onde vivir...


PRAXIAS OUTONO

Antes de que remate o Outono quixemos practicar as praxias imitando a unhas folliñas moi divertidas.

Na sesión de 3 anos de Audición e Linguaxe tamén empregamos o seguinte vídeo.

venres, 2 de decembro de 2011

É tempo de Nadal, as rúas énchense de luces e todo está moi decorado. Tamén a nosa escola se vai decorando pouco a pouco neste mes de decembro.

  

 


 


 


xoves, 1 de decembro de 2011

DECORAMOS O COLEXIO

Nós tamén queremos colaborar na decoración do noso  colexio e por iso estamos facendo diversas actividades: postais, debuxos...


Os neno@s de 3 anos xa completamente adaptados, xogan nos recantos compartindo os xoguetes.