venres, 29 de abril de 2011

Aniversarios do mes de abril

Coma todos os últimos venres de mes celebramos os aniversarios dos nen@s que cumpriron nese mes. Hoxe celebramos o aniversario dos nen@s que cumpriron en Abril.

En 3 anos foi o cumple de Dani



En 4 an@s estaban de aniversario Paola e Minerva.

En 5 an@s era o aniversario de Sheila.

xoves, 28 de abril de 2011

CROCODILO NAMORADO

Para conmemorar o día do libro, no colexio contámoslle a todos os nenos o conto dun crocodilo namorado dunha xirafa. Previamente ensinámoslles aos nen@s como deben teñen que coidar os libros. Ao rematar o conto fixeron un debuxo do que máis lles gustou.
Crocodilo namorado



Os de tres anos fixeron un marcapáxinas.











Os de catro anos fixeron unha portada dun conto co seu debuxo.












Os de cinco anos escribiron o título do conto e tamén fixeron o debuxo de crocodilo e xirafa.

martes, 26 de abril de 2011

Día 23 de abril, día do libro

O día 23 de abril foi elexido coma día do libro aproveitando que esta data coincide coa morte de Miguel de Cervantes e de William Shakespeare. Con esta celebración preténdese fomertar a cultura a toda a sociedade.
Este ano o 23 de abril coincidiu nun periodo non lectivo, por iso no colexio o celebramos á volta das vacacións de Semana Santa.




A VOLTA DAS VACACIÓNS

Despois de tantos días sen clase, hoxe retomamos a nosa actividade. Os nenos de 3 anos marcaron as súas pegadas coa pintura de dedos


xoves, 14 de abril de 2011

NOTA INFORMATIVA

Queridas familias queremosvos recordar que mañá entregaremos as notas dos nen@s en horario de: 10,15 a 13,15. Tamén aproveitamos a ocasión para desexarlles unhas boas vacacións de Semana Santa.
Voltaremos ao colexio o vindeiro día 26 de abril, martes.

mércores, 13 de abril de 2011

PASCUA 2011

Chegan as vacacións de Pascua, e para rematar o trimestre, no cole preparamos distintas actividades.

MANDALAS













OVOS PARA COLGAR


 OVOS   PARA DECORAR               







                                                                                    





O NUMERO 3

Xa coñecemos o número 3 e a cor da súa regleta.












luns, 11 de abril de 2011

OS TRES PORQUIÑOS

Os tres porquiños é un dos contos clásicos que máis lles gusta aos nenos pequenos. Coa profe Conchi estiveron traballando este conto.






xoves, 7 de abril de 2011

TRABALLAMOS CON PLASTILINA

Os nen@s de 4 e 5 anos fixeron uns traballos preciosos modelando a plastilina.

Os de 4 anos encheron unha flor de plastilina.

 

 




















Os nen@s de 5 anos decoraron un cacto con plastilina verde, e despois fixeronlle as flores con plastilina vermella.


 




 

Lembramos as rutinas

Cada xornada escolar comeza cunha serie de rutinas.
Comezamos por elexir o encargado de día , o cal terá que pasar lista , cambiar o día da semana e  facer os cambios segundo a climatoloxía que nos acompaña ese día.
Hoxe concretamente a encargada é Sheila.



7 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Hoxe celebramos o día mundial da saúde. Neste vídeo temos uns cantos consellos necesarios para garantir un perfecto estado de boa saúde

venres, 1 de abril de 2011

FELIZ ANIVERSARIO

Hoxe a profe Merce está de aniversario, todos os nen@s a felicitaron e moi especialmente o persoal do comedor que a agasallou cunha orquídea. Tod@s lle desexamos un moi feliz día de aniversario.

¨I like¨ crowns

Kids made their ¨I like¨crowns!!!


AS BOLBORETAS

Partindo dun vídeo sobre os vermes de seda, fixemos unha bolboreta de moitas cores.