MOI IMPORTANTE!
XORNADA ÚNICA
Benqueridas familias:
Despois da sondaxe sobre a xornada única que tivemos no mes de decembro, no que maioritariamente as familias decidistes a favor de implantala no centro, estamos nun momento decisivo para conseguila.
Convocámosvos a todos á VOTACIÓN OFICIAL que se levará a cabo o mércores día 23 de xaneiro no edificio Uceira en horario de 10:30 a 20:00 horas. UN VOTO POR FAMILIA.
Queremos recordarvos a importancia de que veñades a votar para conseguir aquilo polo que tanto tempo levamos loitando.
A xornada única supón os seguintes cambios para o centro:
- Horario lectivo: Será de 9:00 a 14:00 horas.
- Comedor: En horario de 14:00 a 15:00 horas.
- Esta xornada implica unha serie de Actividades Extraescolares voluntarias que se realizarán no centro polas tarde en horario de 15:00 a 17:00 horas.
En canto ás ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, informámosvos de varios aspectos:
- As familias decidirán voluntariamente a que actividades extraescolares asistirán os seus fillos/as, de entre todas as ofertadas.
- Durante o horario de actividades, a biblioteca do centro permanecerá aberta e atendida por un profesor/a, para todo aquel alumnado que queira ou necesite utilizala. Isto facilita a libre elección de actividades xa que os alumnos/as poden permanecer nela de 15:00 a 17:00 horas, sendo totalmente gratuita.
- As actividades programaranse en función da demanda e interese das familias.
Para aclarar as posibles dúbidas, mañá martes día 22 de xaneiro ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Uceira, celebraremos unha REUNIÓN INFORMATIVA para todas as familias que queiran asistir.
NOTA: O censo de familias está a disposición de quen queira consultalo no taboleiro da secretaría do centro, edificio Uceira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario