Con motivo da celebración do Día da Paz, este mércores todos os nen@s do colexio saíron ao pavillón con cintas das cores do arco da vella. Cada nivel levaba unha cor. A infantil tocoulle a cor morada. Con todas elas fixemos o arco da vella mentres cantabamos a canción de Soraya "Que bonito". Tamén portaron carteis coa palabra paz en diferentes idiomas de países europeos.
Nos días previos á celebración do Día Internacional da Paz e da Non Violencia nas tres aulas fixéronse diferentes traballiños relacionados con este día.
Aí vai unha pequena mostra...
Ningún comentario:
Publicar un comentario