MOITAS FELICIDADES!!!!!!
coxegas na uceira
luns, 10 de febreiro de 2025
sábado, 21 de decembro de 2024
VISITA DE PAPÁ NOEL
Onte recibimos unha vista moi especial.... QUE ILUSIÓN!!! A mellor maneira de rematar o trimestre e irnos de vacacións!!🎅
Desexámosvos a tod@s unhas Felices Festas e un Bo Nadal!💖🎄✨
Vémonos de volta no cole o MÉRCORES 8 DE XANEIRO.
ANIVERSARIOS DECEMBRO
Onte festexamos no cole os aniversarios dos nenos e nenas que cumplen anos en decembro.
Parabéns Mauro, Erea e Violeta!!🎈💝🎈
sábado, 30 de novembro de 2024
ANIVERSARIOS NOVEMBRO
Onte festexamos os aniversarios dos nenos e nenas que cumpliron anos en novembro.
Parabéns a tod@s!! 💝🎈🎈🎂
martes, 26 de novembro de 2024
25N
Para conmemorar o 25N do 2024 creamos unha árbore entre todo o alumnado do cole para plantarnos unidos contra a Violencia de Xénero
sábado, 9 de novembro de 2024
MAGOSTO 2024
Onte festexamos no cole o Magosto.
Comemos os boliños de pan con chourizo, as castañas asadas e desfrutamos dos xogos tradicionais desta festa. Pasámolo pipa! Viva o Magosto!
mércores, 30 de outubro de 2024
HALLOWEEN & SAMAÍN 2024
Ao longo das últimas semanas levamos realizado múltiples actividades en torno ao Samaín e o Halloween: manualidades, actividades musicais, exposición de traballos feitos coa colaboración das familias, decoración e ambientación dos corredores, etc.
Hoxe, para rematar estes festexos, disfrazámonos e pasamos un día de cole terroríficamente divertido tod@s xuntos!
Aquí vos deixamos un breve vídeo dos nosos disfraces e desexámosvos que pasedes un felíz Halloween & Samaín.👾👻💀😈🔮🎃
Vémonos de volta no cole o luns día 4 de novembro.
domingo, 27 de outubro de 2024
CUMPLES DE OUTUBRO
Xa a piques de rematar este mes de outubro o venres celebramos no cole todos os cumples do mes . Parabéns para todos e todas.
domingo, 13 de outubro de 2024
CAPITÁN VERDEMÁN
Hai uns días patrocinado pola Deputación de Ourense puidemos aprender algo máis de como coidar o medio ambiente: a importancia de prantar árbores, reciclar o lixo...
Tamén levamos a cabo unha experiencia onde prantamos o noso propio CAPITÁN VERDEMÁN
mércores, 2 de outubro de 2024
MATILDA NA ESCOLA
sábado, 28 de setembro de 2024
ANIVERSARIOS MESES DE AGOSTO E SETEMBRO
Hoxe festexamos na escola os aniversarios das nenas e nenos que cumpriron anos en agosto e setembro.🎈🎉🍰💚
xoves, 26 de setembro de 2024
PRIMEIROS DÍAS DE COLE DO ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL
Os nenos e nenas de 3 anos estamos a vivir por primeira vez a experiencia de vir ao cole; nestes primeiros días ímonos afacendo ás rutinas da escola, coñecéndonos entre nós e explorando os espazos, xoguetes e materiais. Así de ben o pasamos!💛😀