luns, 20 de xuño de 2022

GRADUACIÓN EDUCACIÓN INFANTIL

 O alumnado de 6º de infantil graduouse hoxe entre aplausos de profes, compañeir@s e familias💙. Aquí vos deixamos algunhas imaxes deste día tan emotivo e un vídeo para homenaxear o gran percorrido que fixemos durante estes tres primeiros anos na escola.  Sempre xuntos, TODOS E TODAS SOMOS CAPITÁNS, COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE LUGAR. 

 Manuel, Fabiana, Lola, León, Antón, Sabela, Lucas, Valeria, Xián, India, Adrián, Yadranka, Alicia, Alba, Mauro, Alexia, Xabier, Triana, Shaila, Paula, Naia, Sergio e Gabriel...GRAZAS💝





domingo, 19 de xuño de 2022

martes, 14 de xuño de 2022

PRIMEIROS AUXILIOS

PRIMEIROS AUXILIOS

 Tivemos a gran sorte de que Lucía e Olaia viñesen ao cole para informarnos de algo tan importante como é saber actuar en caso dunha emerxencia sanitaria




EXCURSIÓN FIN DE CURSO



 O pasado xoves por fin fixemos unha excursión despois de tanto tempo!

Visitamos o acuario de O Grove e  despois desfrutamos un pouco da praia. 

Pasámolo xenial!🐟🐠🐡💙💚





martes, 31 de maio de 2022

ANIVERSARIOS MES DE MAIO

 Festexamos no cole os aniversarios do mes de maio !

 Parabéns a todos e todas!💛🎈🎊🎊🎈





venres, 13 de maio de 2022

SAÍDA AO AUDITORIO

 Hoxe foi un día emocionante,  fomos ao auditorio de Carballiño a ver o filme VALENTINA. Desfrutamos moito coa actividade, encántounos o filme, unha historia chea de valores e superación.💙💚💛💜





BICHOS FÓRA!

 Esta semana recibimos a visita de persoal sanitario, viñeron a lembrarnos a importancia dunha correcta hixiene de mans, como debemos facer para lavalas ben para eliminar  os xermes!👾🚿




luns, 2 de maio de 2022

ANIVERSARIOS ABRIL

O pasado venres festexamos os aniversarios dos nenos e nenas que cumpliron anos no mes de abril, PARABÉNS A TODOS E TODAS!!💐🎈🎈💜💜





martes, 12 de abril de 2022

FELIZ SEMANA SANTA

 Felices vacacións de Semana Santa a todos!💙💚


Vémonos no cole o martes 19 de Abril!


huevo-de-pascua-imagen-animada-0037

xoves, 31 de marzo de 2022

ANIVERSARIOS MES DE MARZO

Parabéns a tódolos nenos e nenas que cumpliron anos no mes de Marzo!🎈🎈🎈💚💛💜









xoves, 17 de marzo de 2022

SEMANA DA PRENSA 2022

Durante a semana da prensa traballamos nas aulas  o espírito crítico do noso alumnado fomentando desde idades temperás a análise da información á que estamos expostos como sociedade. Nestes días  que tivemos os xornais nas aulas aprendemos, traballamos, cooperamos e,  sobre todo,  divertímonos!
💙📺💻📱📰📻



Os nenos e nenas de 3  anos tamén  estivemos traballando coa prensa, vimos as partes dun xornal impreso e tamén a súa versión web.  Para esta manualidade utilizamos as tesoiras por primeira vez e no anaco do centro fixemos un debuxo de nós mesmos, traballando así o esquema corporal.

💚📰💻



mércores, 9 de marzo de 2022

8M_2022 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Ao longo destes días o alumnado de Ed. Infantil participamos en diferentes propostas en torno á data do 8M, conmemoración  do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Este curso traballamos baixo o lema :

💜"Que ninguén corte as túas ás".💜