Durante a semana da prensa traballamos nas aulas o espírito crítico do noso alumnado fomentando desde idades temperás a análise da información á que estamos expostos como sociedade. Nestes días que tivemos os xornais nas aulas aprendemos, traballamos, cooperamos e, sobre todo, divertímonos!
💙📺💻📱📰📻
Os nenos e nenas de 3 anos tamén estivemos traballando coa prensa, vimos as partes dun xornal impreso e tamén a súa versión web. Para esta manualidade utilizamos as tesoiras por primeira vez e no anaco do centro fixemos un debuxo de nós mesmos, traballando así o esquema corporal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario