venres, 29 de marzo de 2019

ANIVERSARIOS DE MARZO

Este mes están de aniversario
En 3 anos: Noa e Yoel

En 4 anos: Alba e Noha

En 5 anos: Daniel, Leire, Paola, Laura e Noa R.


mércores, 27 de marzo de 2019

CONTO CON LINGUA DE SIGNOS

Onte pola mañá visitáronos dúas rapazas da Asociación de Sordos de Ourense para contarnos un conto a cada nivel en lingua de signos. O conto escollido foi "A eiruga glotona". Mentres unha delas contaba o conto, a outra facía o mesmo pero coas súas mans. Ao rematar ensináronlles aos nen@s unha serie de signos relacionados co conto: días da semana, froitas, animais,...


martes, 26 de marzo de 2019

DÍA DA ÁRBORE

O día 21 de marzo celébrase o día da árbore e no colexio celebrámolo plantando varios carballos no patio de infantil. Os nen@s primeiron cavaron o burato, logo plantaron os carballos e para rematar regáronos. Foi unha actividade coa que disfrutaron moitísimo.


xoves, 21 de marzo de 2019

A COR VERDE

Coa chegada da PRIMAVERA a nosa contorna comeza a mudar as súas cores, enchéndose dun gran colorido e predominando a cor verde.
Na aula dos máis pequenos quixeron estrear esta nova estación coloreando unha árbore e fixérono dun xeito algo "máxico".
Se mesturamos a cor azul e a amarela..., que pasará?


sábado, 16 de marzo de 2019

SEMANA DA PRENSA

Os nen@s de cor laranxa tomaron o seu primeiro contacto co xornal visualizando e manipulando varios que temos na aula. Despois buscaron as letras do seu nome e fixeron debuxos no xornal.





Os de cor vermello, como xa teñen máis experiencia buscaron diversas noticias e logo como xa recoñecen moitas letras, fixeron unha actividade que consistía nunha CHUVIA DE LETRAS.

Os de cor verde, como xa son expertos na lectura e escritura, elaboraron cadansúa noticia e con todas elas fixeron "O XORNAL DE 5 ANOS".

xoves, 14 de marzo de 2019

PRESENTACIÓN DE MARTIÑO

Este xoves, pola tarde, a encargada da biblioteca infantil do Concello veu ao noso cole para presentarnos a mascota da biblioteca "Martiño, o pulpiño". Despois da súa presentación fixeron unha pequena representación dun conto. Pasárono xenial.


venres, 8 de marzo de 2019

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Esta mañá no colexio celebramos o Día da Muller de varias maneiras.
Comezamos contando un conto sobre a igualdade entre homes e mulleres.

Despois confeccionamos un mural cos debuxos das mulleres máis importantes para os nenos e nenas ( a súa nai, avoa,...)

E por último, fixeron unha ficha para conmemorar este día tan especial.

venres, 1 de marzo de 2019

DESFILE DE ENTROIDO

Por fin chegou o día de lucir os traxes de gregos e gregas. Durante toda a semana os nenos e nenas de infantil da Uceira estiveron traballando sobre Grecia. Aprenderon cousas coma a súa bandeira, traxe típico, principais monumentos...
Aquí tedes un vídeo para que disfrutedes vendo aos vosos fillos. Grazas pola vosa colaboración.









xoves, 28 de febreiro de 2019

DISFRÁZOME DE...

Hoxe XOVES foi a derradeira orde do noso MECO. Para compracelo tivemos que vir ao colexio tod@s disfrazados.
Velaí o resultado!!


QUE GUAPOS E GUAPAS ESTABAMOS!

Rematado o día cada un levou para a súa casa a carauta da Mascota da súa aula:

3 anos "PELIÑOS"

4 anos "PATOCA"

5 anos "POQUÉ"





mércores, 27 de febreiro de 2019

3ª ORDE DO MECO

"UN CALCETÍN DE CADA COR PARA PARECER UNHA FLOR"
Esta foi a orde do MECO para hoxe MÉRCORES.
Tamén os máis pequenos marcharon para as súas casas coma uns auténticos pallasos.
Os de 4 an@s marcharon coma chinos e os máis maiores con diadema e amuleto exipcios.









martes, 26 de febreiro de 2019

2ª ORDE DO MECO

Hoxe MARTES o noso MECO mandou traer unha gravata ou "paxariña". 
Así de guapos estabamos todos.
E para a casa levaron carautas de gatos, máscaras venecianas e de tuaregs.