martes, 31 de maio de 2016

COÑECENDO A INDIA

Na aula de 3 anos estamos a coñecer un lonxano país chamado India.
Hoxe andivemos ás voltas coas vestimentas e aprendemos que as mozas levan un "sari" e os mozos un "turbante" na cabeza.
Cunha tea traida da India,
vestimos á profe Conchi.


luns, 30 de maio de 2016

APRENDEMOS POEMAS

Na clase de 5 traballan un montón...
Aprenderon o poema do Gato
do método de lectoescritura e...
Que ben o recitan!!!

venres, 27 de maio de 2016

luns, 23 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

Adicadas a Manuel María.
Participamos no desfile de murais do cole.
Expuxémolos no Pavillón.
Cantamos a canción da RODA-RODA
formando rodas moi grandes




domingo, 22 de maio de 2016

EXCURSIÓN Á CORUÑA

O xoves, 19 de maio, os nenos e nenas de Educación Infantil do cole fomos de excursión á Coruña.
Visitamos A Domus e o Acuarium Finisterrae.
Pasámolo en grande!!!

domingo, 24 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

Conmemoramos o Día do Libro a partir dunha actividade proposta polo Equipo da Biblioteca do Cole.
Traballamos nas aulas coa profe Conchi V. o conto "A nai da nai da miña mamá" e propúxose que viñera algún pai ou nai acompañado de bisavó/a, avó/avoa, a contar un conto aos peques no cole.
Foi unha xornada moi divertida.
A nai de Rubén e Diego veu acompañada da súa nai que nos contou o conto de "Sapo tiene miedo"
Encina de 3 anos ensinounos unha foto na que etaba a súa bisavoa, a súa avoa, a súa nai e a súa irmá Erea.
A avoa de Izan de 4 anos contounos a súa particular versión do conto de "Garbancito".
O pai de Gabriel de 3 anos veu coa súa nai que nos contou un fermoso conto inventado poe ela que nos deixou a todos abraiados.
A avoa de Lena de 5 anos, sentadiña no chan coma nós, contounos o conto de "Garbancito".
Graciñas pola vosa colaboración.








xoves, 21 de abril de 2016

ARTISTADAS

OBRAS DE ARTE
3 ANOS
4 ANOS
5 ANOS
E os nenos e nenas de 5 anos fixeron
esta bonita manualidade