martes, 20 de novembro de 2012
xoves, 15 de novembro de 2012
XOGANDO COS SONS
Na sesión de Estimulación da Linguaxe, os nenos e nenas de 5 anos, comezaron o programa para a prevención e intervención das dificultades articulatorias:
"XOGANDO COS SONS"
Nesta primeira sesión, contamos o conto da "GATA FUFI"; escoitamos a súa canción;
rematamos elaborando a súa DIADEMA
EXERCITANDO O SOPRO
Hoxe na clase de Estimulación da Linguaxe coa profe Conchi, simulamos o vento soprando follas de outono.
mércores, 14 de novembro de 2012
LANDRAS
Hoxe na clase dos verdes decoraron unhas orixinais "landras" empregando diferentes técnicas: coloreado, recortado, e finalmente pincelado.
Mirade que bonitas lles quedaron!!!
martes, 13 de novembro de 2012
LOBOFEROZ
Esta é a historia dun lobo moi lacazán
que non sabía nin ser lobo feroz...
Despois de escoitar o conto, escoitamos a canción...
E xa para rematar...
A nosa interpretación...
PDI NA AULA DE 4 ANOS
Hoxe na aula de 4 anos, coa profe Conchi,
estreamos a nova Pizarra Dixital Interactiva
presentando a "Princesiña i".
venres, 9 de novembro de 2012
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
