venres, 4 de maio de 2012

A FESTA DOS MAIOS

Os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos celebraron nas súas aulas a Festa dos Maios:



AÍ VÉN O MAIO
DE FLORES CUBERTO
PUXÉRONSE Á PORTA
CANTÁNDOME OS NENOS























domingo, 29 de abril de 2012

UN VESTIDO NOVO

Con esta película os nen@s viron como unha pequena eiruga ía cambiando o seu vestido para transformarse nunha bonita bolboreta. Podedes vela vós con eles porque lles gustou moito.







venres, 27 de abril de 2012

OS PAIASOS

Rematando xa con esta unidade onde coñecemos a unhos paiasos moi simpáticos, só nos faltaba disfrazarnos cos gorros de paiasos.


ANIVERSARIOS DE ABRIL

3 ANOS
DANIEL e NOELIA QUIROGA

4 ANOS
DANIEL

5 ANOS
PAOLA e MINERVA

A PROFE MERCE TAMÉN CUMPLE...
...6!!!!!

ABERTO - PECHADO

Unha maneira de traballar cos nen@s o concepto de aberto e pechado é facendo algo que a eles lles gusta moito....
 Berrar abrindo moito a boca!





xoves, 26 de abril de 2012

GRANDE E PEQUENO

Canto lles gusta aos nen@ xogar co tamaño das cousas mediante unha lupa.



Como cada vez que empeza unha nova estación, hai que decorar o colexio, por iso os nen@s de mandilón verde fixeron un mural de flores que lles quedou precioso.




VERMES DE SEDA

O noso cole foi seleccionado pola Xunta para un proxecto sobre Vermes de Seda que terá continuidade o vindeiro curso. Levámolo a cabo E.I. e o 1º Ciclo de E.P. Achegaronnos material para ver o proceso de metamorfose do verme de seda.
Que sorte, nos xa empezaramos esta "aventuriña"!
 
Entramado para cando se fagan os casulos

A caixa para facer o proxecto
 
Os oviños
Empeza a "aventuriña"!