En 3 anos están de aniversario MARTÍN e SARA.
En 4 anos están de aniversario SHEILA, ANXO, AARÓN e GIORGIO.
En 5 anos están de aniversario JOSÉ, SHEILA e ALBA.
Os nen@s de 3 anos pintaron con pincel un calcetín de cor vermella.
Hoxe os nen@s de 4 anos coñeceron á súa mascota e despois debuxárona.
Os nen@s de 4 anos formaron un número 1 pegando gomets de cores.
Neste outono tan caluroso que comezou, recollemos as colleitas máis temperás.
Nesta xornada, os nen@s de 5 anos fixeron actividades de recortado
Os de 4 anos xogaron coas formas xeométricas e despois fixeron un colar con círculos de moitas cores.
Os máis pequerrechiños , xogaron no patio cos cubos e coas pás.
HOXE, 23 DE SETEMBRO DÁMOSLLE A BENVIDA AO OUTONO.
A piques de rematar o verán , lembramos hoxe o importante que é o sol nas nosas vidas. Pasámolo pipa pringándonos coa pintura de dedos amarela.
Despois do paro , comezamos a nosa xornada con varias actividades.
Hoxe, ás 10 da mañá fixemos unha parada nas tarefas escolares para protestar polos continuos axustes da consellería.
Que contentos veñen os nen@s de infantil da Uceira en cadanseu autobús.