Hoxe na escola celebramos a festa do entroido lembrando aos noso avós e bisavós. O resultado foi fantántico.
Grazas pola vosa colaboración. As mestras da Uceira deséxanvos un bo entroido.
Lembrade! As clases comezan o vindeiro xoves día 19.
Cos troquelados do método de traballo de aulas, confeccionamos carautas das nosas mascotas, e tamén adornos para a cabeza. Os de 3 anos levan a carauta de Papelote e as plumas de indio qu é o disfraz de Papelote.
Os de 4 anos a carauta de Pascuala e o pano de pirata.
E os de 5 anos a carauta da abella Pepa e o diadema de faraón.
Este ano como decoración para o colexio, os de infantil da Uceira decidimos confeccionar a máscara dun Boteiro de Viana do Bolo. Os nen@s fixeron boliñas de papel de seda para dar un colorido moi vistoso á nosa máscara.
Tendo en conta que a unidade de 3 anos do entroido trata a temática dos indios, na clase fixemos un pequeno taller para confeccionar algún traxe de indio, a careta e as plumas da cabeza.