xoves, 30 de abril de 2015

mércores, 29 de abril de 2015

CACTUS

Arrastramos plastilina cos dedos e facemos boliñas para decorar un fermoso cactus.

FLORES COAS MANS

Como actividade plástica esta mañá fixemos unha maceta con flores de varias cores que os nen@s fixeron cos dedos e témpera.

luns, 27 de abril de 2015

CONTACONTOS

Esta mañá tivemos sesión de contacontos no ximnasio. Contáronnos un conto moi divertido titulado "Augusta e os seus medos". Narra a hisstoria dunha nena que ten medo a moitas cousas ( os avións, os animais, caixas, nenos...) e como os seus pais lle van axudando a superar pouco a poucos os seus medos.
Ao remate da historia cada nen@ fixo a súa propia interpretación do conto.

venres, 24 de abril de 2015

GORRO DE PALLASO

Disfrazámonos de pallaso cun gorro decorado por nós.


O REI DO FRÍO E O REI DO CALOR

Este conto emocional fala de dun valor tan importante como é a xenerosidade e trata de concienciar aos nen@s da necesidade de superar o egoísmo tan presente nestas idades.


xoves, 23 de abril de 2015

OS XIRAXOLES DE VAN GOGH

Imitando a obra do famoso pintor Van Gogh, os nen@s de 3 anos decoraron xiraxois, pintando os pétalos con rotulador e pegando pipas no medio. Quedaron chulísimos.

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o día do libro, os nen@s realizaron diferentes actividades a partir de contos narrados no colexio.

Os de 5 anos traballaron "O LIBRO DA SELVA".



Os de 4 anos traballaron os contos clásicos "Carapuchiña vermella", "A ratiña presumida" e o "Patiño Feo".


E os máis pequerrechiños fixeron un marcapáxinas para o conto que van a levar  para a casa hoxe.

luns, 20 de abril de 2015

A MOSCA AGOSTIÑA

Este conto trata un valor emocional como é o respecto ás regras . Nel cóntase a historia dunha mosca que non cumpre  as regras que a súa nai lle impón e invita aos nen@s a reflexionar sobre as consecuencias de non cumplilas.

venres, 17 de abril de 2015

Seguimos recibindo visitas dos irmáns bebés dos nen@s de 3 anos, nesta ocasión visitounos Joel (o irmán de Zaira), todos están moi ilusionados pola chegada destes bebés. Esperamos seguir recibindo visitas


mércores, 15 de abril de 2015

FLORES DE PRIMAVERA

Aproveitando estes días tan primaverales dos que estamos disfrutando, os nem@s de 3anos decoraron flores de primavera empregando diversas técnicas.

A VISITA DE MARTA

Esta mañá coñecemos a "Marta", a irmán de Ana, que veu a coñecer o colexio e a xogar un ratiño ao noso patio.


CONTO " A OVELLA E O LOBO"

Despois de escoitar un conto emocional "A ovella e o lobo",  os nen@s de 5 anos fixeron un debuxo sobre o conto facendo a súa interpretación persoal.



xoves, 9 de abril de 2015

MATEO VISITOU O COLE!

O mércores pola tarde, os papás de Samuel trouxeron a Mateo (o irmán de Samuel) ao colexio para que todos os seus amigos da clase o coñecesen. Samuel estivo encantado coa visita do seu irmán.