martes, 30 de abril de 2013

XOANIÑAS



O RATO PÉREZ

Parece que o Rato Pérez vai chegando á aula de 4 anos.
Hoxe caeu o primeiro dente nesta aula, e foi a Martín.
Que lle deixará baixo a súa almofada esta noite?


A SEÑORITA DO SILENCIO


Na clase de 4 anos hoxe coñeceron a un novo
personaxe do País das Letras:
"A Señorita do Siencio"
S


PDI

Hoxe na sesión de informática, a profe Conchi estreou o novo encerado dixital, que xa temos na aula de 5 anos, xogando con este lim sobre as estrelas e as constelacións.

Pinchade enriba se queredes xogar...

TEMPO DE XOGOS


xoves, 25 de abril de 2013

OS XIRASOLES

Os peques de tres anos descubriron a obra de VICENT VAN GOGH e fixeron o seu "xirasol"

E rematamos a unidade "Pallasos no parque"
facendo un divertido GORRO DE PALLASO.

mércores, 24 de abril de 2013

martes, 23 de abril de 2013

ACTIVIDADES DO DÍA DO LIBRO

Nas 3 aulas de E.I. fixemos unha ficha alusiva a este día.

E completamos o traballo con
troquelados do noso método de traballo.
 
 

UN LIBRO, UN BO AMIGO

O 23 de abril celebramos o DÍA do LIBRO,
un bo amigo que fará voar a nosa imaxinación.

luns, 22 de abril de 2013

DÍA DA TERRA

Hoxe, 22 de abril, conmemórase o DÍA da TERRA,
este noso fogar que debemos coidar todos os días.


venres, 12 de abril de 2013

BAILE DA PRIMAVERA

Os nenos e nenas de 4 anos bailan para chamar á PRIMAVERA
A ver se chega pronto...!
E para pasar un bo rato...

mércores, 10 de abril de 2013

ACLARACIÓN

Ante o titular de prensa aparecido na Rexión do mércores día 10 de abril, indicar que non se refire ao Transporte Escolar da Uceira, senón ao transporte que o Concello de O Carballiño pon para as familias madrugadoras. Un transporte que nada ten que ver co CEIP CALVO SOTELO nin coa Consellería de Educación. Depende unicamente do Concello de O Carballiño.

Enlace á noticia.

A VOLTAS CO NUMERO 3



XA É PRIMAVERA

venres, 5 de abril de 2013

CONTACONTOS

Hoxe, tivemos sesión de contacontos
organizada pola Biblioteca do cole.
O animador Iago López Santos,
contounos un conto moi divertido.


mércores, 3 de abril de 2013

UNHA SESIÓN DE CINE

Hoxe, por fin, fomos ao cine de Leiro a ver 
"LOS CROODS"



Así interpretaron a peli os nenos e nenas